ABERTA A INSCRICIÓN DOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAS E DE HOSTELERÍA PARA O TRUCO OU TRATO DO SAMAIN 2019
04/10/2019
A concellería de Mocidade programa a actividade do"Truco ou Trato" dentro das festas do Samain Sada 2019. Esta proposta vai destinada ao conxunto de establecementos comerciais e de hostalaría sadenses.
Nesta actividade cada local recibirá do Concello de Sada unha cantidade de golosinas para repartir na tarde de Samaín (xoves 31 de outubro) aos nenos/as que participen no Truco ou Trato.
As lambonadas deberán ser recollidas na Oficina da Xuventude nas datas que se indiquen posteriormente a través dun correo electrónico aos establecementos que se sumen á esta actividade.
O Concello promoverá o evento do Samaín a través dos seus soportes dixitais, facendo mención destacada dos establecementos que participen e que serán recoñecibles polo distintivo nos seus escaparates.
Arquivado en:
Novas. Avisos. Sada. Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación e Mocidade.
Temas:
Economía. Subvencións e axudas. Educación. Mobilidade. Cultura. Participación cidadá.