A Xunta confirma que os establecementos con licencia de café-bar especial non poden abrir ata o 1 de xullo

23/06/2020

A Xunta confirma que os establecementos con licencia de café-bar especial non poden abrir ata o 1 de xullo

-Desde o Concello de Sada enviouse unha consulta á Dirección Xeral de Emerxencias onde se expoñia que era moito máis seguro que estos establecementos (café-bar especial) poidan exercer a súa actividade asimilándoa á dos bares con limitación de horarios excesivos e co cumprimiento das preceptivas normas de distanciamento social e hixiene, tanto no interior como no exterior, e non favorecer as posibles aglomeracións nas terrazas ata altas horas da madrugada.

-Os establecementos con licencia de café-bar especial poderán abrir só as terrazas ao aire libre.


Sada 23 xuño 2020.

O Concello de Sada remitiu no día de onte unha consulta á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior para que aclarase a Resolución do 12 de xullo de 2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade nos puntos relativos ao restablecemento de determinadas actividades suspendidas polo Estado de Alarma.

Na carta enviada solicitábase expresamente que se indicase en que clase se encadraban os establecementos con licencia de café-bar especial. O alcalde de Sada, Benito Portela, sinalaba que a mayoría dos establecementos con licencia de café-bar especial do termo municipal encadraban con precisión na definición das actividades que exercen os “Bares” dispoñendo unha porcentaxe elevada de terraza onde exercer a actividade.

Desde o Concello de Sada entendíase que é moito máis seguro que estos establecementos (café-bar especial) poidan exercer a súa actividade asimilándoa á dos bares con limitación de horarios excesivos e co cumprimiento das preceptivas normas de distanciamento social e hixiene, tanto no interior como no exterior, e non favorecer as posibles aglomeracións nas terrazas ata altas horas da madrugada.

Esta mañá a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ven de rexeitar o exposto polo Concello de Sada e encadran os establecementos con licencia de café-bar especial dentro da categoría de pubs, “en concreto defínese na Epígrafe III.2.7.3”

Polo que conformidade coa interpretación da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, entrarían na categoría de establecementos de ocio nocturno e polo tanto a súa actividade atópase suspendida ata o 1 de xullo. Como excepción, este tipo de establecementos  con licencia de café-bar especial si poden ter en funcionamento as terrazas ao aire libre, con independencia do horario que desenvolvan a súa actividade.

Arquivado en:
Carnoedo. Novas. Alcaldía . Urbanismo. Avisos. Sada. Facenda, Administración Local, Administración Electrónica, Contratación e Seguridade Cidadá. Soñeiro. Veigue. Medio Ambiente e Normalización Lingüística.

Temas:
Medio ambente. Participación cidadá. Obras e servizos.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA