A Xunta confirma a boa calidade das augas dos areais sadenses

16/11/2018

A Xunta confirma a boa calidade das augas dos areais sadenses

Por segundo ano consecutivo os controis da calidade das augas dos areais de Sada indican que son aptos para o baño con calificación de boa ou excelente casi na totalidade das praias.

Clasificación sanitaria das zonas de baño vixente para a tempada 2019

 


Sada 15 novembro 2018.

A Xunta de Galicia ven de publicar a calificación das augas de baño para o ano 2019 onde destaca como excelente Arnela e San Pedro e volve a calificar por segundo ano consecutivo como apta a Praia das Delicias cunha calificación de ben. Desde o goberno local valórase positivamente estes datos e espérase que a partir de agora todas as praias de Sada sexan aptas para o baño, tal e como sucedeu nos últimos dous anos.

Boa parte de culpa dos datos positivos obtidos nos últimos anos resulta das medidas adoptadas no verán do 2016 para evitar as verteduras ao río Maior, cuxa desembocadura divide o areal nas praias de As Delicias e Sada Nova. Unha das actuacións consistiu en executar un bypass na canalización de saneamento desde a rúa dá Lagoa ata a rúa do Río (paralela á rúa Venezuela) para evitar o cruzamento de saneamento baixo os ovoides de pluviais existentes na zona así como para solucionar problemas de retencións, facilitando ademais o  mantemento e a de limpeza da mesma polos servizos técnicos. Con esta actuación evitáronse as filtracións que da rede obsoleta de saneamento filtrábanse á desembocadura do río Maior.

A Xunta de Galicia, a través da concellería de Sanidade, ten rexistrados os datos dos controis da calidades das augas das praias de Galicia no periodo 2008-2016. Ditos controis reflexan que as praias do municipio de Sada, salvo en contadas ocasións, estiveron sempre calificadas como aptas , boas o moi boas ata o ano 2016, cando polos datos dos controis sanitarios dos anos 2014 e 2015, declarou non apta o baño na Praia das Delicias cunha vixencia de dous anos.

Concretamente o ano 2014 foi o peor en canto os controis das augas da Praia das Delicias, xa que de oito mostras recollidas na tempada do verán a metade derón altas concentracións de E-coli e Enterococo Intestinal, concretamente nos controis de 2/06, 28/07, 11/08 e 22/09, mentras que no 2015 só unha das mostras foi insuficiente a realizada 22/06.

Esta tendencia cambiou no ano 2017, polas actuacións realizadas no 2016 polo goberno municipal, cando os controis da tempada de baño fixeron que Sanidade otorgase o “apto” para As Delicias no 2018 que se confirman agora coa calificación para o ano 2019 que ven de publicar a Xunta de Galicia.

Arquivado en:
Carnoedo. Alcaldía. Novas. Administración local, obras e servizos. Avisos. Sada. Veigue. Cultura e praias.

Temas:
Turismo. Saúde. Obras e servizos.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores. Turistas.

AXENDA