A última XGL aproba expedientes de contratación de obras en todas as parroquias de Sada e a mellora de Cantalarrana e Avenida República Arxentina

02 / ENE / 2018

A última XGL aproba expedientes de contratación de obras en todas as parroquias de Sada e a mellora de Cantalarrana e Avenida República Arxentina

-O goberno local aprobou os expedientes de contratación das obras de mellora de máis de 20 camiños nas parroquias do municipio e a dotación presupuestaria para a contratación por procedemento aberto das obras de Cantalarrana así como a mellora dos servizos no tramo esquerdo da República Arxentina.

Sada, 2 xaneiro 2017

A última Xunta de Goberno Local, que tivo lugar o pasado 29 de decembro, aprobou un paquete de expedientes de contratación de camiños en todas as parroquias do municipio, das obras do barrio de Cantalarrana así como a mellora dos servizos no tramo esquerdo da República Arxentina.

O goberno local incluiu na orde do día da XGL os expedientes de contratación de catro proxectos nos que se incluen un total de vintecatro melloras en en camiños do municipio. O proxecto dá reparación do camiño de Machado (Mosteirón) a Fraga (Osedo) e outros cinco caminos; a reparación do camiño de San Pedro (Veigue) a Taibó (Carnoedo); a mellora da seguridade vial no camiño de A Condesa en Castelo (Osedo) e outros cinco camiños e a mellora de seguridade vial no camiño de a Xesteira (Carnoedo) e 10 caminos máis en Meirás, Mondego e outras parroquias do termo municipal.

Obras no barrio de Cantalarrana e na Avenida República Arxentina.

Ademáis dos anteriores a Xunta de Goberno Local de Sada aprobou o expediente de contratación por procedemento aberto da obra de pavimentación de beirarrúa e mellora dos servizos afectados no tramo esquerdo da Avenida República Arxentina así como o expediente de contratación, tamén por procedemento aberto, das obras de substitución das redes de saneamento, agua e pluviais e reurbanización das rúas Cambre, Culleredo, Abegondo e Avenida da Coruña, no barrio de Cantalarrana.

Camiños incluidos nos proxectos de obra de mellora que a Xunta de Goberno Local de Sada aprobou onte:

- Camiño de Machado A Fraga (Mosteirón)

- Camiño de Carballal (Mosteirón)

- Camiño de Trasín a Soutovello (Mosteirón)

- Camiño de Soutovello a Mosteirón (Mosteirón)

- Camiño de Cirro (Veigue)

- Camiño de Tarreo (Veigue)

- Camiño da Lapa (Veigue)

- Camiño da Regueira (Soñeiro)

- Camiño da Viladona en Mandín (Soñeiro)

- Rúa en Mandín (Soñeiro)

- Camiño do cementerio en Costa (Soñeiro)

- Camiño da Cova (Soñeiro)

- Camiño de Samoedo (Sada)

- Camiño de A Condesa (Osedo)

- Sobreancho parada autobús Souto da Igrexa (Meirás)

- Camiño do Redondo en Vilar (Meirás)

- Camiño de A Cañota en Vilar (Meirás)

- Camiño de Tumbadoiro a Cimás (Meirás)

- Camiño de A Braña de Arriba en Piñeiro (Meirás)

- Camiño de Meirás a Fortiñón (Mondego)

- Camiño de Amexeiral ao Valo (Mondego)

- Camiño de Mazón no Amexeiral (Mondego)

- Camiño de Quintán a Vertín (Mondego)

- Camiño da Xesteira en Souto (Carnoedo)

- Camiño de San Pedro (Veigue) a Taibó (Carnoedo)

Arquivado en