A Oficina Municipal de Turismo segue incrementando o número de visitantes

15/03/2016

A Oficina Municipal de Turismo segue incrementando o número de visitantes

Turismo implantará unha nova ferramenta de xestión dos visitantes idónea para levar un control específico e detectar necesidades, intereses, obxetivos e propostas e no que turistas e usuarios serían actores principais xa que coñecen de primeira man a realidade turística de Sada.


Os meses de Xaneiro e Febreiro mantiveron a tendencia a alza no número de visitantes que solicitaron información nas dependencias da Oficina Municipal de Turismo de Sada a pesar da estacionalización nos meses de inverno. De feito en xaneiro pasaron polas dependencias da Omit un124% máis de persoas que no pasado 2015 “o que confirma a tendencia da alza mantida perante todo o pasado ano o que nos fai albergar esperanzas fundadas de acadar o mantemento no tempo , na calidade e na cantidade do número de visitantes a recibir” comenta o concelleiro de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, Liss Becerra.

Segundo declara o concelleiro “isto demostra que o gran traballo desempeñado polo responsable da Oficina de Turismo e as actividades postas en marcha por este Goberno xeran obxetivamente un interese crecente entre os potencias visitantes de Sada e usuarios demandantes de información da Omit”.

Ademáis e, segundo afirma Antonio Martínez, responsable da Oficina Municipal, “é o noso obxetivo aumentar estas cifras grazas a utilización de ferramentas máis eficaces de xestión como poden ser a próxima creación dunha aplicación específica para dispositivos móbiles na que se está a traballar na área”.

Galicia é o principal destino emisor xunto a Castela-León, Navarra e Baleares que conforman a orixe da meirande parte dos visitantes nacionais.

No mes de febreiro houbo un aumento dun 37% con respecto ao derradeiro ano. O 13% destes usuarios procedían do estranxeiro principalmente do continente americano e Europa. Alemaña, Estados Unidos e Arxentina entre outros foron os emisores destacados.

Para Antonio Martínez “a implantación dunha ferramenta de xestión dos visitantes sería idóneo para levar un control específico e detectar necesidades, intereses, obxetivos, propostas, etc. no que turistas e usuarios serían actores principais xa que coñecen de primeira man a realidade turística de Sada; por iso, a interactividade será a característica principal desta nova ferramenta”.

A organización de eventos relacionados co Comercio, a Botánica ou as novas tendencias que se celebrarán nas vindeiras semanas en Sada son as apostas nas que dende a Concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente “baseámonos para continuar co firme propósito de converter Sada nun destino atraínte e caracterizado pola desestacionalización e o férreo compromiso co entorno económico, natural, ambiental e social” asegura o concelleiro Liss Becerra.

Arquivado en:
Promoción económica, turismo e medio ambiente.

Temas:
Medio ambente.

Perfís:
Veciños. Turistas.

AXENDA