A espectacularidade da costa sadense protagonista do II Trail Costa Doce.

26/12/2016

A espectacularidade da costa sadense protagonista do II Trail Costa Doce.

-Medio milleiro de persoas cubriron as prazas dispoñibles para esta proba que levará a cabo nun circuíto circular que se desenvolve en terreo de monte, excepto os primeiros e últimos 1.000 metros e un tramo na parroquia de Carnoedo, que transcorren por asfalto, fundamentalmente en zonas peonís.

-O itinerario do Trail Costa Doce, organizado polo Club Atletismo Sada e a concellaría de Deportes, transcorre por paraxes de alto valor ecolóxico, polo que desde a organización sinalan que os participantes deben seguir as pautas de comportamento habituais nos espazos protexidos.

- Ligazón ao video promocional II Trail Costa Doce 2017.

Cartel II Trail Costa Doce de Sada


Sada 26 decembro 2017

A carreira II Trail Costa Doce, organizada polo Club de Atletismo Sada e a concellaría de Deportes do Concello de Sada, terá lugar o domingo 29 de xaneiro de 2017 a partir das 10:00 horas e contará con dúas variantes. Trail individual,  26,6 km. con 2000 metros de desnivel acumulado e Trail por substitucións, 26,6 km. en dúas postas de 14,5 km. e 12,1 km., con aproximadamente 890 e 1110 metros de desnivel acumulado, respectivamente podendo participar nesta categoría de substitucións, equipos de dous relevistas, podendo ser masculinos, femininos ou mixtos.

Medio milleiro de persoas cubriron as prazas dispoñibles para esta proba que levará a cabo nunha das zonas máis espectaculares da costa sadense nun circuíto circular que se desenvolve en terreo de monte, excepto os primeiros e últimos 1.000 metros e un tramo na parroquia de Carnoedo, que transcorren por asfalto, fundamentalmente en zonas peonís.

A organización entregará un trofeo a cada un do tres primeiros clasificados, masculino e feminino, nas seguintes categorías Absoluta, Senior (participantes até 39 anos cumpridos), Veteran@ A (participantes de 40 a 49 anos cumpridos) e Veteran@ B (participantes de 50 anos cumpridos, en diante).

Desde o pasado 1 de novembro estiveron abertas as inscricións que actualmente están pechadas ao cubrirse o número máximo de participantes (500). A inscrición dá dereito aos avituallamientos correspondentes, asistencia sanitaria durante e ao finalizar a proba, transporte desde e até o lugar de cambio de relevista, transporte a meta dos participantes que abandonen a proba, bolsa do corredor, gardarropa, duchas, e avituallamiento adicional en meta.

A entrega de dorsais realizarase o día anterior á proba, na Casa da Cultura de Sada, entre as 17:00 e as 20:00 así como o día da proba, desde as 08:00 até 45 minutos antes da saída. O Concello de Sada pon a disposición dos participantes no II TRAIL Costa Doce un servizo de duchas no Pavillón Deportivo Municipal ao termo da proba.

A carreira habilitará avituallamientos en lugares visibles e sinalizados. Disporase de colectores no avituallamiento para residuos orgánicos e envases de plástico. Non existirá ningún punto para depositar lixo pasado o control de avituallamiento, sendo este inicio e fin do mesmo.

Desde a organización recomendan para a realización da proba roupa e zapatillas adecuadas para unha carreira de media montaña no inverno, con previsión probable de choiva,  botella ou mochila de 500 ml. ou outro sistema de hidratación, teléfono móbil e GPS.

A organización dispón dun seguro de Responsabilidade Civil e de Accidentes para todos os participantes e haberá un servizo de Atención Sanitaria e Protección Civil para casos de accidente ou necesidade de evacuación do corredor. 

ECORESPONSABILIDADE

O itinerario do Trail Costa Doce transcorre por paraxes espectaculares da costa sadense de alto valor ecolóxico, polo que desde a organización sinalan que os participantes deben seguir as pautas de comportamento habituais nos espazos protexidos. Esto significa que non se poderá deixar residuos,  nin acender lume,  nin producir ruídos que molesten á fauna, nin acampar, nin saírse do percorrido sinalizado, en definitiva, non deixar rastro da actividade.

A propia organización reducirá ao mínimo o uso de plásticos no monte: avituallamientos, sinalización e utilizará no posible material reutilizable ou reciclable. 

Desde a organización indican que está prohibido o avituallamiento e a axuda externa durante o desenvolvemento da carreira de calquera persoa, non competidora, estando permitido unicamente o avituallamiento que cada participante leve consigo desde a saída ou repoña nas áreas de avituallamiento establecidas pola organización.  Así mesmo, está prohibido saír da zona de avituallamiento con calquera tipo de envase ou envoltorio.


Arquivado en:
Carnoedo. Alcaldía. Novas. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá. Deportes.

Temas:
Turismo. Mobilidade. Medio ambente. Deporte. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores. Turistas.