A CIX ditamina a favor da modificación de crédito que permitirá executar actuacións por importe de 1,8 millóns de euros.

22/04/2019

A CIX ditamina a favor da modificación de crédito que permitirá executar actuacións por importe de 1,8 millóns de euros.

-Os 1,8 millóns de euros financianse co remanente de tesorería do 2018.

-Tamén se ditaminou favorablemente a proposta de adxudicación do contrato de limpeza viaria.


 

Sada, 22 de abril 2019

No día de hoxe celebrouse a Comisión Informativa Xeral na que están representados os diferentes grupos políticos que conforman a corporación, e que ditamina os asuntos que son sometidos a consideración do Pleno do Concello de Sada.

Entre os asuntos ditaminados no día de hoxe, está a modificación de crédito, por importe global de 1.788.986,03 €, que se destinará ás seguintes actuacións: 

- Arranxo do pavillón municipal : 1.400.882,29 €

- Expropiación terreos As Brañas : 149.352,00 €

- Aportación municipal plan de mellora e eficiencia enerxética : 141.909,02 €

- Reparacións na Escola Infantil Flora Ramos : 48.784,30 €

- Acondicionamento zona interior pista patinaxe : 48.058,42 €

A proposta da Alcaldía foi ditaminada favorabelmente cos votos de Sadamaioría, BNG e PDSP e as abstencións do PP e  PSG-PSOE.

O arranxo do pavillón municipal se establece dende catro liñas de actuación: Solventar os fallos constructivos, mellorar a accesibilidade, adaptar as instalacións e mellorar súa funcionalidade. Segundo o proxecto encargado o arranxo supón un investimento de 1.400.882,29 euros.

En canto aos terrenos das Brañas, a aprobación do  modificativo ditaminado, permitirá iniciar o procedemento expropiatorio do espazo denominado  “ESPAZO LIBRE DAS BRAÑAS FASE I”, os terreos que están máis próximos ao núcleo urbano de Sada. A superficie do ámbito é de 25.075 m2 sendo a superficie para expropiar a de 24.892 m2, figurando no PXOM un custo para a devandita superficie de 149.352,00 €.

A aportación municipal ao plan de aforro enerxético equivale ao 20% do custo total da actuación (o 80% restante é financiado polo FEDER-UE) e suporá unha redución de 358 tCO2 e un aforro para o concello en consumo eléctrico de 80.000 €.

No caso da pista de patinaxe (48.058,42 €) e da escola infantil (48.784,30 €) trátase de obras de acondicionamento e reparación, respectivamente..

Os outros puntos da orde do día tamén se ditaminaron favorabelmente. Na adxudicación do contrato de limpeza viaria abstivéronse PP e PSG-PSOE e na solicitude de restablecemento do equilibrio económico financeiro do contrato de concesión da Escola Infantil Municipal, o PP foi o único grupo que non ditaminou favorabelmente. Dita actualización deriva da aplicación do novo salario mínimo interprofesional (900 €/mes) vixente desde xaneiro, e cuxa cuantía é superior ao salario de convenio que viña aplicando a concesionaria. 

Arquivado en:
Carnoedo. Alcaldía. Novas. Meirás. Mondego. Administración local, obras e servizos. Mosteirón. Avisos. Urbanismo e emprego. Osedo. Sada. Soñeiro. Veigue.

Temas:
Benestar Social. Economía. Turismo. Subvencións e axudas. Urbanismo. Mobilidade. Medio ambente. Deporte. Participación cidadá. Obras e servizos.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores. Turistas.

AXENDA