9.000 usuarios utilizaron a piscina das Cerámicas do Castro este verán.

19/09/2018

9.000 usuarios utilizaron a piscina das Cerámicas do Castro este verán.

- A piscina, xestionada pola concellería de Deportes, pechou as súas portas o pasado domingo batindo record de asistencia desde que fai tres anos  o goberno local decidise abrila ao público en periodo estival asumindo os gastos de mantemento e do persoal socorrista.


Sada, 19 setembro 2018.

O pasado domingo 16 de setembro pechou as portas a piscina das Cerámicas do Castro que desde o 25 de xuño abriu gratuitamente todos os días ao público. A aposta que o alcalde de Sada, Benito Portela, enmarcou no seu día como unha das actuacións “tendentes a pór en valor espazos culturais e de lecer do municipio” permitiu recuperar unha piscina que estaba en desuso desde o 2008.

Este verán desde a súa apertura preto de 9.000 usuarios disfrutaron das instalacións que incluían, ademáis da piscina, vestiarios e zona de solárium, servicio de socorrismo e, como novidade este ano,  servizo gratuito de tumbonas e parasoles.

Segundo a concelleira de Deportes, Zeltia García, este ano “batíronse todos os records chegando a días no que a asistencia foi de máis de 300 persoas e o maís importante sen ter que lamentar incidencias de gravidade”. O día que máis usuarios fixeron uso da piscina foi o pasado xoves 2 de agosto cando 371 persoas se achegaron ata as Cerámicas. Pero ademáis 11 días pasáronse dos 200 usuarios/día e 38 días pasaronse dos 100 usuarios/día, convertendo esta actividade de lecer, promovida pola concellería de Deportes, como unha das máis exitosas do verán en Sada.

O alcalde de Sada, Benito Portela, lembra que desde a chegada ao mandato deste goberno “logramos un convenio de colaboración coas Cerámicas do Castro para o uso e disfrute da piscina por parte dos veciños e veciñas de Sada que como comprobamos este ano está a resultar unha das iniciativas máis demandadas na tempada estival pola ciudadanía”.

 

No capítulo de asistencias de botiquín poucas incidencias se produciron nos 84 días de apertura onde a media de asistencia á Pía do Loureiro foi de aproximadamente de 105 usuarios diarios. Principalmente foron feridas pequeñas atendidas na piscina e algún golpe ou picaduras. Non houbo incidencias graves polo que non foi necesario chamar, ata o de agora, a ambulancia ou ao 112.

 

Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Osedo. Sada. Deportes.

Temas:
Turismo. Subvencións e axudas. Deporte. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA