7.500 veciños e veciñas de Sada de entre 18 e 60 anos están sendo chamados para un cribado poboacional

08/02/2021

7.500 veciños e veciñas de Sada de entre 18 e 60 anos están sendo chamados para un cribado poboacional

A área sanitaria da Coruña e Cee está a citar a través dunha mensaxe nos seus teléfonos móbiles a ao redor de 7.500 persoas para someterse a esta proba que realizarase desde o mércores ao mediodía  ata o domingo na Casa da Cultura Pintor Lloréns

O pasado 25 de xaneiro o Concello de Sada solicitou por escrito á Consellería de Sanidade  a realización dun cribado masivo na localidade poñendo súa disposición “toda a infraestrutura loxística para a realización das probas”.


Sada, 8 febreiro 2021.

Uns 7.500 veciños e veciñas de Sada de entre 18 e 60 anos están a ser convocados para someterse a un cribado poboacional mediante "test de antígenos" coa intención de detectar casos asintomáticos de coronavirus e frear a expansión do virus no municipio. A área sanitaria da Coruña e Cee citará a través dunha mensaxe nos seus teléfonos móbiles as persoas que deberá someterse a esta proba.

O alcalde de Sada, Benito Portela, acompañou onte ao xerente da área sanitaria da Coruña e Cee, Luis Verdes, e aos responsables sanitarios na visita á Casa da Cultura Pintor Lloréns que o Concello de Sada ofreceu para a realización das probas e que resultou idónea, a xuicio dos responsables da Consellería, para a realización do cribado que se levará a cabo en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.

Os veciños e veciñas de Sada que reciban unha mensaxe nos seus teléfonos móviles poderán acceder entre o mércores 10 e o domingo 14 de febreiro ao recinto da Casa da Cultura habilitado para realizar las probas. Para a súa comodidade habilítase tamén zona de aparcadoiro diante do centro cultural que estará controlado pola Policía Local.

Ante a evolución dos casos o pasado 25 de xaneiro o Concello de Sada solicitou por escrito á Consellería de Sanidade  a realización dun cribado masivo na localidade do mesmo xeito que se levaron a cabo noutros concellos da provincia. O alcalde de Sada, Benito Portela, mostraba a súa preocupación polo aumento de contagios nesta terceira onda e entendía que a realización do cribado sería "moi beneficioso" para detectar posibles casos asintomáticos en Sada e expor, se fose necesario, "actuacións máis eficientes por parte dos servizos municipais en canto a illamentos e confinamento en caso de contagios detectados".

Na mesma comunicación a rexedor puxo “a disposición da Consellería toda a infraestrutura loxística para a realización das probas” a todos aqueles cidadáns que tivesen que someterse ao test.

MEDIDAS PARA AS PERSOAS CHAMADAS A REALIZAR O CRIBADO

  • Obrigatoriedade do uso CORRECTO da máscara
  • Obrigatoriedade de manter a distancia de seguridade de 1,5 metros.
  • Asistencia individual sen acompañantes excepto nos casos autorizados.
  • Atención e cumprimento de todas as indicacións.
  • Estricto cumprimento da puntualidade das citas para ter un orde controlado.
  • Haberá zona acotada de aparcadoiro diante da Casa da Cultura na que se poderá acceder 5 minutos antes da cita e que se deberá abandonar unha vez se realice o cribado.
  • Recomendase as persoas que desexen aparcar con máis de 5 minutos de antelación á cita que o fagan nos aparcadoiros alternativos do Porto ou que accedan a pé á Casa da Cultura para evitar colas no acceso. 
  • Na imaxe adxunta se especifica a zona de aparcadoiro reservada ás persoas chamadas para o cribado e a zona de acceso á Casa da Cultura Pintor Lloréns.


Arquivado en:
Carnoedo. Novas. Alcaldía . Meirás. Mondego. Mosteirón. Benestar Social e Igualdade. Osedo. Sada. Soñeiro. Veigue. Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado.

Temas:
Saúde. Mobilidade. Participación Cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA