6.000 usuarios disfrutaron ata o momento da piscina das Cerámicas do Castro

20 / AGO / 2018

6.000 usuarios disfrutaron ata o momento da piscina das Cerámicas do Castro

- A piscina, construída no seu día para os traballadores dentro do recinto da fábrica, e que conta cun vistoso deseño de polbos de Luís Seoane no vaso, permanecerá aberta ata o domingo 16 de setembro, sendo unhas iniciativas deportivas gratuitas do goberno local máis exitosas.

Sada, 20 agosto 2018.

O pasado luns 25 de xuño abría as portas por tercer ano consecutivo as instalacións da Pía do Loureiro das Cerámicas do Castro que estarán abertas gratuitamente ata o 16 de setembro en horario de 12:00 a 20:00 horas.

A aposta que o alcalde de Sada, Benito Portela, enmarcou no seu día como unha das actuacións “tendentes a pór en valor espazos culturais e de lecer do municipio” permitiu recuperar unha piscina que estaba en desuso desde o 2008.

Desde a súa apertura 6.064 usuarios disfrutaron das instalacións que inclúen, ademáis da piscina, vestiarios e zona de solárium, servicio de socorrismo e, como novidade este ano,  servizo gratuito de tumbonas e parasoles.

O día que máis usuarios fixeron uso da piscina foi o pasado xoves 2 de agosto cando 371 persoas se achegaron ata as Cerámicas. Pero ademáis 8 días pasáronse dos 200 usuarios/día e 20 días pasaronse dos 100 usuarios/día, convertendo esta actividade de lecer, promovida pola concellería de Deportes, como unha das máis exitosas do verán en Sada.

Portela lembra que os poderes públicos deben de promover e tutelar o acceso á cultura e o deporte aos que a veciñanza ten dereito. “Temos que ser quen, sinala o alcalde,  de promover as condicións para a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento deportivo, social, económico e cultural de Sada, por eso chegamos a un convenio de colaboración coas Cerámicas do Castro para o uso e disfrute da piscina por parte dos veciños e veciñas de Sada”

No capítulo de asistencias de botiquín poucas incidencias se produciron nos case 60 días de apertura onde a media de asistencia á Pía do Loureiro e de 100 usuarios diarios. Principalmente foron feridas pequeñas atendidas na piscina e algún golpe ou picadura. Non houbo incidencias graves polo que non foi necesario chamar, ata o de agora, a ambulancia ou ao 112.

 

Arquivado en