55 establecementos comerciais participan na campaña "Merca co Corazón, Merca en Sada"

10/02/2021

55 establecementos comerciais participan na campaña "Merca co Corazón, Merca en Sada"

A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego, lanza a campaña  baixo o lema: "Merca con Corazón, Merca en Sada" co obxectivo de dinamizar e poñer en valor o pequeño comercio


Sada, 10 febreiro 2021.

O 14 de febreiro, data de celebración de San Valentín, é un día para sorprender á parella cun agasallo ou unha experiencia inolvidable, pero tamén supón unha oportunidade para o comercio local de Sada.

Desde a Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego, lanzan a campaña  baixo o lema: "Merca con Corazón, Merca en Sada" co obxectivo de dinamizar e poñer en valor o pequeño comercio e dar visibilidade ás ofertas que realizan a través das redes sociais do Concello.

A Campaña, que estará activa ata o día 15 de febrero, conta con 55 establecimientos adheridos, e abarca toda clase de establecimientos comerciais e de servizos: Desde experiencias náuticas, tendas de moda calzado e complementos, ata peluquerías, tendas de alimentación e xogueterías. Nela os comercios adheridos repartirán entre a súa clientela no momento da compra caramelos e tarxetas de felicitación deseñadas para dita actividade.

Segundo a concelleira da área Laura Rodríguez: “Desde o Concello, continuaremos traballando man a man co pequeno comercio para axudar a darlle visibilidade aos negocios de Sada, especialmente con eventos que aumenten ás ventas nos mesmos”.

Participantes:

Altavela Servicios Náuticos - Alma Moda - B3 - Badana - Bertha Hogar - Clínica Logón - Caléndula Estética - Caléndula Herboristería - Calzados Gabriel - Chicharritos Moda Infantil - Chuches Sol - Ciclos Paco - Comercial Artesanía - Dans - Detalles - Ensa Escuela de navegación - Etdy Accesorios - Floristería Araguaney - Frutería Deborah - Frutería Rubén Fernández - Gago - Galatea - Golo Sada - La Tienda de Fely - La Tienda de Marta - La Tienda de Sara - Maxcoteros - Meigallo - Mercería Carmen - Modesta Casa Textil - Móvil Sada - Multisport - O Teu Pc - Pausa - Peluquería Carmucha - Peluquería Destellos - Peluquería y Estética Mapi - Peluquería  Ricortes - Peluquería Roberto Ríos - Pequeño Tío - Perfumería Muchas - Pescadería Montse - Pescadería O Cangrexo - Pescadería Sada - Rei de Reyes - Sada Toys - Shoes & Bags - Studio 77 - Suyay - Tere Complementos - Tere Moda - Trébol - Trendy Life - Vivian’s Beauty  - Yary Peluquería y Estética

Arquivado en:
Novas. Avisos. Sada. Promoción Económica, Turismo e Emprego.

Temas:
Economía. Subvencións e Axudas. Participación Cidadá.

Perfís:
Veciños. Maiores.

AXENDA