25N Por unha Sada libre de Violencia de Xénero

15 / NOV / 2018

25N Por unha Sada libre de Violencia de Xénero

O Concello de Sada, a través da cocellería de Benestar Social e Igualdade, ven de convocar os actos para o 25 de novembro baixo o lema "Por unha Sada libre de Violencia de Xénero".

Sada 15 de novembro 2018.

A concellería de Benestar Social e Igualdade ven de convocar os actos do 25N onde haberá poesía, deporte, campaña nos comercios e nas asociacións locais, concentración e un pase do documental "Deamoslle Voz" a curtametraxe realizada polos alumnado do IES ISaac Díaz Pardo que resultou gañador co concurso de guións contra a violencia de xénero promovido pola Deputación da Coruña.

Os actos comezan o luns 19. Durante toda a semana Sada o municipio se tingirá de negro con contra as violencias machistas coa campaña Sada en Negro na que participan máis de 100 comercios e entidades locais.
 
Dende a área de Igualdade a concelleira Isabel Reimundez agradece á sociedade sadense a súa total implicación nos diferentes actos programados ao redor desta data. "Este ano, sinala a concelleira,  batimos o récord de participación na campaña En Negro, a programación que ofrecemos é moi diversa e queremos chegar a toda a sociedade, dende a xente moza a xente de maior idade"
 
O venres 23 de novembro terá lugar na Praza de San Roque ás 12:00 horas a concentración e lectura do manifesto "Sada en Negro" en apoio das vítimas da violencia machista. A concellería chama ademáis a participar o sábado 24 de novembro na VII Andaina Contra a Violencia de Xénero organizada polo Consorcio das Mariñas que partirá as 10:30 da Casa das Palmeras de Cambre e percorrerá a Ría do Burgo polos concellos de Cambre, Oleiros e Culleredo.
 
Os actos en Sada seguirán o sábado 24 pola tarde na Terraza co recital poético "Nin una menos" organizado polo movemento cultural ESPERTO. A partir das 19:00 vivirase unha xornada "reflexiva e artística" coa presenza de Yolanda Castaño, Carolina Rubirosa, Xan Solo, Vanesa Santiago, Javi Pena, Miguel Mosquera, Lúa Mosquetera, AFROGALEGAS e SADANZA.
 
A programación rematará o venres 30 de novembro co proxección, no hotel Alda Sada marina a partir das 20:00 horas, da curtametraxe "Deamoslle Voz", realizada polos alumnado do IES ISaac Díaz Pardo que resultou gañador co concurso de guións contra a violencia de xénero promovido pola Deputación da Coruña 

Arquivado en