200 escolares aprenden seguridade viaria nun circuíto instalado no Paseo Marítimo de Sada.

20/06/2016

200 escolares aprenden seguridade viaria nun circuíto instalado no Paseo Marítimo de Sada.

- Os participantes aprenderon como circular por unha rotonda, normas na cesión de paso, sinalización vertical e horizontal ou  o  funcionamento dos vehículos de emerxencia e seguridade.

- A actividade organizada polo CEIP Sada e Contornos coa colaboura da concellaría de Educación, Xuventude e Saúde, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, e a Policía Local de Sada, finalizou á unha da tarde coa entrega aos escolares duns obsequios (chalecos, brazaletes e libros) que suministrou o departamento de educación viaria da xefatura da DXT.


Sada, 20 xuño 2016.

Esta mañá clausurouse o curso de educación viaria que durante as últimas semanas impartiu o coordinador de educación viaria da policía local de Sada, Mario Azpilcueta dentro do programa "Móvete con Tino" que organizou durnate este curso escolar o centro Sada e Contornos para que os escolares aprendesen educación vial dun xeito didáctico.

Na xornada participaron un total de 200 alumnos de infantil e primaria que realizaron a actividade como peóns e pasaxeiros sendo os de primaria os que tamén a realizaron como condutores.

Foron precisamente dezaseis escolares de 6º de primaria, controlados polo profesor do CEIP Sada e Contornos, Andrés Saavedra (que coordinou o circuíto coa Policía Local),  os que colaboraron na xornada de educación viaria efectuando labores de condutores-controladores guiando aos demais participantes polas zonas habilitadas no circuíto, creado na praza Irmáns Suárez Picallo, que semellaban zonas de circulación rural e zonas de circulación urbana.

Os participantes aprenderon como circular por unha rotonda, cos karts cedidos pola empresa Deport-Ocio, normas na cesión de paso, sinalización vertical e horizontal ou  o  funcionamento dos vehículos de emerxencia e seguridade que lles ensinaban a policía local Noemí Sánchez e os operarios de Protección Civil de Bergondo.

A actividade organizada polo CEIP Sada e Contornos finalizou á unha da tarde coa entrega aos escolares duns obsequios (chalecos, brazaletes e libros) que suministrou o departamento de educación viaria da xefatura da DXT.

Mario Azpilcueta, agradecía esta mañá a implicación da empresa Deport-Ocio, que cedeu os karts para que os escolares circulasen polo circuíto creado no Paseo Marítimo, e que nalgún momento chegaron á vintena circulando ao mesmo tempo.

Ademais agradeceu a Protección Civil Bergondo, Servizo de Emerxencias Municipal de Sada, Policía Local de Sada, Concellaría Educación, Xuventude e Saúde, OMIX Sada, ao persoal de vixilancia de montes e á súa compañeira Noemí Sánchez a presenza nesta xornada de clausura do programa "Móvete con Tino" de educación viaria celebrado no CEIP Sada e Contornos.


Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá. Educación, xuventude e saúde.

Temas:
Formación. Educación. Mobilidade. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA