Festas do Carme 2016 - 15, 16 e 17 xullo

12 / XUL / 2016

Festas do Carme 2016 - 15, 16 e 17 xullo

PROGRAMACIÓN DAS FESTAS DO CARME 2016 .

VENRES 15 XULLO:

11:00h.: Montaxe do Mercado Mariñeiro. 

Dende as 11:00h. os postos inscritos para participar neste mercado de artesanía de ambientación “mariñeira”, situado a carón do porto de Fontán, distribuiranse ó longo do Paseo Marítimo, e prepararanse para a apertura ó público ó longo da tarde do venres (17 horas). Peche ás 23:00 aprox.

Este mercado de artesanía ambientarase para crear un espazo con aires mariñeiros e presentará numerosos postos de venta de artesanía artesanía e gastronomía. Arredor do seu emprazamento programaranse diversas actividades ó longo da fin de semana.

20:00 H.: II Batalla de Bandas “SadaRock”

Escenario montado no Paseo Marítimo, na zona de ensanche do carril bici.

Cartel de finalistas:                                    

  • NOW I AM.
  • BIG CRUNCH.
  • EMBORA.
  • AQUELARRE
  • MÖRGEN.
  • LESS FORTUNATE SONGS.

Actuacións das diferentes bandas seleccionadas. Á finalización da intervención de cada banda, o público manifestará a súa opinión por medio dun sistema de votos, sumando a súa valoración á do Xurado do certame.

A banda que resulte gañadora compartirá o cartel do concerto de  REINCIDENTES o 12 de agosto, dentro das Festas de Verán 2016 en Sada.

 

SÁBADO 16 XULLO:

11:00h.: Dianas e Alboradas

A agrupación folclórica “Nova Troula” percorrerá as rúas máis próximas ó Porto, animando musicalmente esta xornada festiva. 

11:00h.: Apertura do Mercado Mariñeiro

Dende as 11:00h. abrirán as súas portas os postos deste mercado de artesanía de ambientación “mariñeira”. O público gozará tamén dalgunha embarcación tradicional en exposición, así como dunha demostración de carpintería de ribeira.

Instalado no Paseo Marítimo, arredor do tramo entre o edificio de Axudantía e o porto de Fontán, arredor do Mercado Mariñeiro programaranse actividades pensadas para interesar e entreter ó público que se achegue, e o domingo 17 as actividades estarán centradas especialmente nos máis pequenos.

11:00h.: Encontro Embarcacións Tradicionais.

Durante todo o día arribarán embarcacións tradicionais de distintos puntos do Golfo Ártabro. Fondearán á vista do público, preto do Paseo Marítimo, para expoñer a riqueza do noso patrimonio marítimo.

Organizado pola Asociación Os Patexeiros, contará con diversas actividades de divulgación e exposicións ó longo do día, no entorno do Mercado Mariñeiro. As embarcacións participarán na Procesión Marítima, acompañando a saída da Virxe, e farán saídas de navegación conxunta ás 12:30h. e ás 17:30h.

12:00 h.: Zumba Solidaria a prol de Gatocán A.P. de Animais”.

Actividade aberta e divertida, apta para todos os públicos, coa que se pretende concienciar sobre a labor que levan a cabo as asociacións protectoras de animais e mobilizar apoios para manter as súas actividades.

Ás 12:00h. terá lugar o primeiro pase desta actividade na que se organizará unha recollida de aportacións voluntarias entre o público asistente.

17:00 h.: Zumba Solidaria a prol de Gatocán A.P. de Animais”. Segundo pase.

Un equipo de monitores federados impartirá esta segunda sesión de baile con obxectivo solidario. Con  ela teremos unha segunda oportunidade para facer suar o corpo e colaborar nunha campaña solidaria, gozando dun tempo de ocio saudable.

18:00h.: Misa na honra da Virxe do Carme.

Como é tradicional, a Confraría de Pescadores organizará unha misa na honra da súa patroa. A celebración terá lugar na Lonxa de pescadores, a partires das 18:00h.O oficio relixioso contará coa intervención solemne da coral “A Lembranza”. Ó seu remate levarase a imaxe da Virxe a un barco, para realizar a tradicional Procesión Marítima.

19:00h.: Procesión Marítima do Carme.

Trátase dun dos momentos máis agardados dos festexos do Carme. Como é tradición, a maioría das embarcacións de pescadores de Sada participan nunha procesión marítima na que acompañan ó barco que acolle a imaxe da Virxe. Todos xuntos, ateigados de pasaxeiros e acompañados por todo tipo de embarcacións de recreo renderán homenaxe á Virxe á que lle confían as súas sortes nun oficio tan duro e arraigado na historia da nosa vila como é o dos mariñeiros. A procesión acompañarase de lanzamento pirotécnico de fogos de ruído.

20:00h.: Sardiñada  popular.

O Concello de Sada organiza unha sardiñada popular que se ofrecerá de maneira totalmente gratuíta ós asistentes. Organizarase á finalización da Procesión Marítima no entorno do paseo marítimo, preto do “Mercado Mariñeiro”. Esta degustación de sardiñas asadas aportadas por varios patróns sadenses, en colaboración coa Confraría de Pescadores de Sada, permitirá gozar das bondades dun produto da pesca extractiva tremendamente ligado á historia mariñeira da vila. As sardiñas irán acompañadas do tradicional pan de broa.

20:30h.: Actuacións Musicais: con “La banda del pájaro” e con Grecor´s Discotecas Móbiles.

Durante a celebración da sardiñada contaremos coa animación musical dunha banda de versións coa que recorreremos grandes éxitos da música popular na que o público poderá atopar as súas cancións preferidas .

A continuación, Grecor´s Discotecas Móviles continuará poñendo a banda sonora desta festa que se prolongará ata as 2:00h. da noite.

 

DOMINGO 17 XULLO: 

11:00h.: Apertura do Mercado Mariñeiro

Dende as 11:00h. último días para achegarse  ó mercado de artesanía de ambientación “mariñeira” desta edición das Festas do Carme. Poderá disfrutarse, como os días anteriores, dalgunha embarcación tradicional en exposición, así como dunha demostración de carpintería de ribeira.

Paseo Marítimo, arredor do tramo entre o edificio de Axudantía e o porto de Fontán.

11:00h.: Encontro Embarcacións Tradicionais.

Ó longo de todo o día exhibiranse as embarcacións tradicionais de distintos puntos do Golfo Ártabro. Fondeadas á vista do público, preto do Paseo Marítimo, serán un pequeno “museo ó vivo” que exporá a riqueza do noso patrimonio cultural mariñeiro. Do mesmo xeito que no día anterior, organizaranse actividades de divulgación ó longo do día, exhibiranse as ferramentas e artes da tradicional carpintería de ribeira e realizaranse dúas saídas de navegación conxunta ás 12:30h. e ás 17:30h.

13:00 h.: Sesión Vermú con Paty Lesta & the Hits”.

O mediodía presenta unha oferta musical de grande calidade e elegancia a cargo do cuarteto Paty Lesta & the Hits. Con eles realizaremos unha viaxe musical que revisitará grandes éxitos de artistas de primeiro nivel como poden ser Joe Cocker, Queen, Tina Turner, The Beatles, Michael Jackson… etc. Unha opción ideal para disfrutar do verán ó ritmo da mellor música.

16:00h.: Actividades deportivas no Porto.

O porto acollerá unha sesión de “portas abertas” en colaboración co Clube Náutico Recreativo de Sada. Da súa man e de xeito totalmente gratuíto, o público poderá embarcarse en piraguas de recreo para realizar pequenos paseos pola zona interior do porto de Sada, así como probar o seu equilibrio sobre as populares táboas de “paddle surf”.

18:00h. Animación musical tradicional a cargo da Agrupación Folclórica Nova Troula.

O entorno do Mercado Mariñeiro contará coa animación musical do ritmo da música máis tradicional a cargo desta formación musical sadense de recente formación. 

Arquivado en