01 / AGO / 2025
O Concello de Sada, a través da Concellería de Cultura programa do 1 ao 3 de agosto a XIV Feira Modernista de Sada
VENRES 1 DE AGOSTO
- 17:00 - Apertura do Mercado Modernista
- 18:00 - Espectáculo para público familiar “La Coquette” (xardíns na contorna da Terraza)
- 19:00 - Concerto instrumental coa formación “Jazz-Tá” (bulevar Avda. da Mariña)
- 19:00 - Conferencia “O Modernismo na arte galega “ a cargo de Alberto Fuentes Valcárcel -con especial mención a Francisco Lloréns- (Auditorio da Casa da Cultura)
- 20:30 - Espectáculo participativo: aula aberta de Lindy Hop e concerto a cargo de “Ghastas Pista Swing Project” (escenario principal detrás da Terraza)
- 22:30 - Concerto coa formación “Charo Quicler Jazz Band” (escenario principal detrás da Terraza)
SÁBADO 2 DE AGOSTO
- 12:00 a 23:00 - Mercado Modernista
- 12:00 - 1ª Ruta didáctica guiada “Arquitectura modernista polo centro urbano de Sada”. Dirixida por Alberto Fuentes Valcárcel. Saída da praza do edificio La Terraza (sen inscrición previa)
- 12:00 - Espectáculo musical para público familiar “As aventuras de Jazzy e Blusy” (xardíns na contorna da Terraza)
- 13:00 - Espectáculo de danza a cargo da escola de baile Sadanza (escenario principal detrás da Terraza)
- 15:30 a 21:00 - Exhibición de pintura rápida (na contorna do edificio La Terraza)
- 18:00 - 2ª Ruta didáctica guiada “Arquitectura modernista en Fontán”. Dirixida por Alberto Fuentes Valcárcel. Saída da Casa da Cultura (sen inscrición previa)
- 18:00 - Espectáculo para público familiar “Tavole” (xardíns na contorna da Terraza)
- 19:00 - Pasarrúas de danza e cabaret con Nelson Quinteiro e o seu “Cabaret Acuático” (itinerante)
- 19:30 - Pasarrúas musicado con “Pizarracleta” (itinerante)
- 20:00 - Teatro de época: “La importancia de llamarse Ernesto” a cargo de Teatro Artesán (Auditorio Casa da Cultura. Entrada libre ata completar aforo)
- 20:30 - Espectáculo musical coa formación “Manu Gómez New Orleans Band” (xardín do final da rúa Praia)
- 22:00 - Concerto coa formación “Swing Titans” (escenario principal detrás da Terraza)
- 23:30 - Concerto coa formación “The Sar Swing Quintet” (escenario principal detrás da Terraza)
DOMINGO 3 DE AGOSTO
- 12:00 a 22:00 - Mercado Modernista
- 12:30 - Espectáculo de danza a cargo da escola de baile Carmen López (escenario principal detrás da Terraza)
- 13:30 - Sesión vermú con “Le Barluthier” (xardíns na contorna da Terraza)
- 14:00 - Picnic popular de organización libre (xardíns na contorna da Terraza)
- 18:00 - Espectáculo para público familiar “Circo Cambuche” (xardíns na contorna da Terraza)
- 18:30 - Bautismo aéreo en globo aerostático na praia das Delicias (prioritario vestimenta modernista). A realización da actividade está condicionada polas condicións meteorolóxicas e, no caso de poder levarse a cabo, terá unha duración estimada de dúas horas dende o comezo da mesma
- 19:00 - Obradoiro de baile + sesión DJ con “Swing On School” (na contorna da desembocadura do Río Maior)
- 21:00 - Concerto fin de festa coa “Gallaecia Big Band” (escenario principal detrás da Terraza)