Expedición do DNI en Sada en febreiro

23 / ENE / 2024

Expedición do DNI en Sada en febreiro

O mércores 21, xoves 22 e venres 23 de febreiro desprazarase a Sada o Equipo Móbil do DNIe, a fin de efectuar a expedición dos oportunos documentos estimándose un cupo de 50 solicitudes. O lugar de expedición será a Casa da Cultura Pintor Lloréns

A inscrición poderá realizarse a partir do mércores 24 de xaneiro na plata baixa do Concello de Sada ou chamando ao 981 620 075, Ext: 255.

A fin de organizar este servizo as persoas interesadas deberán aportar na inscrición nome, apellidos, DNI e número de teléfono para contactar no caso de que exista algún imprevisto.

O acceso o día da expedición do DNIe deberá realizarse coas correspondentes medidas de seguridade. Ademáis só poderá acceder a persoa que realiza o trámite (salvo casos de menores ou persoas dependentes)

Arquivado en