Éxito da II Cervefeira Artesá de Sada

25 / OUT / 2016

Éxito da II Cervefeira Artesá de Sada

- A Cervefeira 2016 celebrada esta pasada fin de semana en Sada arroxou  cifras que a  consolidan coma un evento referencial da cultura da cervexa artesá en Galicia. 

Sada, 25 outubro 2016

"O obxectivo fundamental da organización deste evento, indica Liss Becerra concelleiro de Promoción Económica,  é a promoción das dúas empresas de fabricación de cervexa de orixe sadense Artabria e Bándua, quenes levan varios anos traballando na divulgación desta parte da cultura tradicional galega cunha interpretación adaptada aos tempos que corren,moi innovadora pero tamén persigue outro fundamental que e converter Sada nun punto referencial ónde visitantes de toda a comarca e de fóra dela atopen contidos distintos aos que ofrecen outros concellos seguindo ademais criterios de calidade é de efectividade,apoiando ao emprendemento ".

As marcas  sadenses  Artabria e Bándua xunto coa lucense A  cova da serpe, a pontevedresa Faxilda,  a coruñesa Kel's, a ourensá In peccatum, a canguesa Menduiña ou a  berciana Catacraft dispensaron máis de mil trescentos litros de producto o cal, xunto coas máis de 6000 persoas que visitaron Sada con motivo da Cervefeira Artesá parecen consolidar así esta festa   aínda que só leve dúas edicións. 

"Somos optimistas e cremos qué somos capaces de facer cada ano un evento cerveceiro con  cada vez maior relevancia partindo sempre da iniciativa dos expertos en elaboración de cervexa artesá en Sada. É fundamental para nós que empresarios xóvenes teñen iniciativas comerciais coma ésta pois axudan a implementar a política establecida pola concellalía en canto a demostrar que a desestacionalización é necesaria para o desenvolvemento futuro do tecido hostaleiro e comercial de Sada" apunta o nacionalista Liss Becerra. 

O éxito desta iniciativa reside na mestura de música, cultura tradicional, deporte, ocio e gastronomía posto que mesmo as empresas de alimentación que estiveron presentes os días 21, 22 e 23 de Outubro en Sada mostraron a súa satisfacción pola acollida da xente. Tanto Misko- midas como Toloache ou Galetruck mostraron a súa disposición a seguir participando en eventos organizados pola concellería de Promoción Económica e agradeceron a boa acollida que lle dispensaron os sadenses. 

" A iniciativa que puxemos a andar desde a nosa área en 2015 naceu cun sentido familiar, transversal, universal, unha festa para todos os públicos;o paso seguinte é mellorar, crecer, seguir apostando con máis forza pola Cervefeira xa que deixa un retorno económico obxectivo en comercio e hostelería. As conclusións que nos dan estes 2 anos de cervexa artesá son que Sada pode progresar fóra  dos meses de verán e atraer a atencion de sadenses e visitantes" afirma o concelleiro do Bng, quen engade que" estamos xa traballando nada terceira edición que terá moitas novidades." 

A programación do departamento de Becerra seguirá ata ben entrado Novembro no que se celebrará  a segunda edición da Feira de Oficios Tradicionais que xa conta con máis de 40 solicitudes de participación. 

Arquivado en