ESPECTÁCULO INFANTIL: AKELARRE CHISPÚM

31 / OUT / 2025

ESPECTÁCULO INFANTIL:  AKELARRE CHISPÚM

A Concellería de Cultura programa o VENRES 31 DE OUTUBRO ÁS 12:00 HORAS no Auditorio da Casa da Cultura o espectáculo participativo con animación musical AKELARRE CHISPÚM

ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO

 

Espectáculo familiar. Idade recomendada: A parirt de 4 anos

Duración: 90 min 

Dirección: Marian Rei 

Elenco: Ángela Roca e Oskar Gáez 

 

SINOPSE:

A bruxa Morgana e o seu fiel vasalo, o corvo Cru, van facer unha auténtica festa de Samaín con bruxas e outras personalidades monstruosas. Morgana non é a mellor anfitriona, cheira tan mal, que podería deixar a calquera inconsciente.

A sorpresa é cando chegan os convidados, son máis pequenos do habitual e estes cheiran a nenas e nenos. Isto desatará a furia de Morgana, quen torturará a estes convidados con retos, conxuros e artimañas para que demostren as súas habilidades monstruosas. Por sorte, Cru, será o que lles bote unha man para saír sans e salvo da casa de Morgana e procurará que o pasen xenial mentres tanto. 
Cía. Teatro Calavera.

Arquivado en