28 / NOV / 2025

Casa da Cultura Pintor Lloréns - Venres 28 de novembro - 18:30 horas
Entrada libre ata completar aforo.
A peza reflexiona sobre as vidas virtuais na infancia e na adolescencia. A súa protagonista, Sara, ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Ten outra vida na que xoga en liña con ducias de persoas e na que cada vez pasa máis tempo. Deixa de falar, de comer, de durmir... ata que entra nun videoxogo que lle propón retos que debe cumprir na vida real. Paula Carballeira, referente do teatro infantil en galego, é a autora do texto creado para Galeatro.
A peza foi finalista nos Premios María Casares deste 2023 a mellor proposta para público familiar.
Ficha artística:
- Intérpretes: Alba Bermúdez, Mario Rodrígez, Tone Martínez
- Espazo escénico e vestiario: Anahí Taraburelli
- Espazo sonoro: Davide González
- Deseño Iluminación: Nacho Martín
- Dramaturxia: Paula Carballeira
- Dirección: Davide González