ESCOLAS DE VERÁN SADA 2022

02 / XUN / 2022

ESCOLAS DE VERÁN SADA 2022

A Concellería de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías oferta 140 prazas nas Escolas de Verán 2022 para atender á demanda individual de ocio educativo, así como ás necesidades de conciliación das familias sadenses.

BASES ESCOLAS DE VERÁN SADA 2022

DÍTICO INFORMATIVO ESCOLAS DE VERÁN 2022

 1ª QUENDA (4-15 XULLO) SOLICITANTES CON PRAZA ADXUDICADA

 2ª QUENDA (18-29 XULLO) SOLICITANTES CON PRAZA ADXUDICADA

PRAZO PAGO AMBAS QUENDAS: 3-9 XUÑO

COTA XERAL: 65 €

COTA DESCONTO 2º IRMÁN/Á 20% : 52 €

COTA DESCONTO FAMILIA NUMEROSA 50%: 32.50 €

O pago mediante CARTA DE PAGAMENTO que se poderá tramitar na oficina virtual tributaria do Concello de Sada ou ben se facilitará nas dependencias de recadación do Concello.

 

INFORMACIÓN ESCOLAS DE VERÁN 

As diferentes actividades que integran esta oferta, levaranse a cabo nun centro de ensino ou equipamento municipal atendendo aos dife-rentes grupos de idade durante o período que transcorre dende o 4 ao 29 de xullo (agás sábados, domingos e festivos).

Os/as interesados/as poderán solicitar información na OMIX en horario de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas de luns a venres (a partires do 15 xuño só de mañá), no telefono 981620331 ou no correo: omixsada@gmail.com

 

Requisitos dos participantes, lugar de realización, prazas e quendas

Requisitos:

- É imprescindible que o/a menor solicitante esté empadroado/a no Concello de Sada con anterioridade ao 1 de maio de 2022. A comprobación deste dato farase de oficio a través do padrón municipal, polo que non será necesario aportar ningún documento acreditativo.

- Os participantes das Escolas de Verán deben estar escolarizados no presente curso escolar nalgún dos seguintes niveis:

  • 2º ciclo Educación Infantil (4º, 5º, 6º )
  • Educación Primaria (1º, 2º, 3º, 4º, 5º, 6º)

 

Lugar de realización:

Centro de ensino ou equipamento municipal (non haberá servizo de transporte)

 

Quendas:

  • 1ª Quenda: 4 xullo ao 15 xullo.
  • 2ª Quenda: 18 xullo ao 29 xullo.

 

Prazas:

140 distribuidas en 70 prazas por cada quenda.

 

Servizos ofertados:

As actividades desenvolveranse de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 h.

Na oferta das Escolas de Verán 2022, os/as participantes disporán de:

  • a) Un programa de actividades de carácter educativo, lúdico e convivencial, que posibilite a participación. A temática das Escolas será multiactividade, adaptada aos diferentes grupos de idade, desenvolvendo así diferentes xornadas de carácter pre-deportivo, musical, artístico, incluindo ximkanas, contacontos, obradoiros, etc.
  • b) O material necesario para a realización das actividade.
  • c) Un equipo técnico de persoal especializado en educación, animación deportiva e actividades de lecer e tempo libre.
  • d) Seguro de responsabilidade civil e de accidentes para os participantes e atención sanitaria de primeiros auxilios.
  • e) Servizo de Madrugadores gratuito en horario de 08:30 a 09:00 h. Debe existir un mínimo de 10 solicitudes por quenda. Os partici-pantes deben traer o almorzo da casa.
      IMPORTANTE: Non haberá servizo de transporte ás instalacións das Escolas de Verán.

Prazo para formalizar a inscrición.

O prazo para formalizar a inscrición será do 13 ao 26 de maio (inclusive). Calquera inscrición realizada fóradeste prazo non será admitida.

 

Presentación das solicitudes.

Individual: Cada participante poderá presentar unha única solicitude elixindo por orde de preferencia as quendas das que desexa desfru-tar.

Múltiple: Os irmáns/ás que desexen asistir á/ás mesma/s quenda/as, solicitarán praza múltiple na mesma solicitude.

A presentación da solicitude deberá realizarse obrigatoriamente no formulario on-line habilitado na web municipal. No mesmo formulario poderanse engadir os documentos que acrediten descontos ou calquera outro que requira a inscrición en formato ar-quivo ou en todo caso se non fose posible, envíalos escaneados a omixsada@gmail.com.

 

Adxudicación de prazas.

A adxudicación das prazas realizarase atendendo os seguintes criterios:

  • 1º.- Praza directa para os/as participantes derivados de servizos sociais de atención primaria, previo informe favorable dos servi-zos técnicos municipais. O número por quenda será establecido segundo as necesidades do servizo sen superar o 10% das prazas ofertadas en cada quenda. Estas prazas poderan ter ou non exención de pago segundo o informe técnico.
  • 2º.- Praza directa en caso de que as solicitudes non excedan das prazas ofertadas en cada quenda.
  • 3º.- Por sorteo no caso de que as solicitudes superen as 70 prazas dispoñibles por quenda. Poderase establecer unha listaxe de agarda. Neste caso, o día do sorteo será o 31 de maio.

IMPORTANTE: No suposto de que un menor realice a solicitude para duas quendas e teña que optar polo sorteo para obter un-ha praza, terase en consideración a adxudicación desa praza si outro menor tamén obtivo as duas quendas no sorteo. Neste caso, este concellería considera que fará un reparto equitativo para que os dous menores poidan, alomenos, desfrutar dalguna das quendas se hai prazas dispoñibles.

 

Publicación da listaxe de admitidos/as

Ao longo do venres 3 de xuño publicarase a listaxe de admitidos/as con praza e a listaxe de agrada se fose o caso. Poderase consultar na web www.sada.gal e no taboleiro de anuncios da OMIX.

Se o solicitante con praza desexa renunciar a ela, deberá comunicalo por escrito enviando un correo electrónico a omixsada@gmail.com.

 

Pagamento das cotas.

Os prezos de aplicación para os/as participantes nas Escolas de Verán 2022 son os que se establezan no informe de prezo público previa aprobación dos Servizos Económicos Municipais. 

Cota xeral: 65€

2º irmán/á 20%:52€ (cada un deles)

Familia Numerosa 50%: 32.5€

Elaborada a listaxe de admitidos con praza, abrirase un prazo para formalizar o pagamento que será do 3 ao 9 de xuño (inclusive). Este pago realizarase mediante carta de pagamento que poderá tramitarse na oficina virtual tributaria do concello ou ben se facilitará nas dependencias de recadación do concello.

No recibo de pagamento deberá figurar o nome e apelidos do/a participante e a quenda/as solicitada/as.

Establecese un periodo extraordinario de pagamento para posibles incorporacións da listaxe de agarda en caso de renuncias ou vacantes sendo do 13 ao 17 de xuño (inclusive(

 

MÁIS INFORMACIÓN E BASES COMPLETAS DE PARTICIPACIÓN NAS ESCOLAS DE VERÁN SADA 2022

Arquivado en