ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO CURSO 2023-2024

19 / SEP / 2023

ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO CURSO 2023-2024

A Escola Municipal de Teatro, dependente da Concellería de Cultura do Concello de Sada, oferta unha proposta no eido das artes escénicas, desenvolvéndose fóra do horario lectivo en equipamentos municipais. Os seus obxectivos céntranse, por unha parte, na creación dunha oferta socieducativa que permita o fomento de novas capacidades e por outra, como obxectivo pedagóxico desenvolver as capacidades creativas, comunicativas e expresivas do alumnado a través do xogo, a improvisación teatral e o intercambio de roles.

BASES PARTICIPACIÓN NA ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO.

FORMULARIO EN LIÑA

DECRETO APROBADO LISTAXE ESCOLA MUNICIPAL TEATRO 23-24

INFORMACIÓN PARA PAGAMENTO ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO CURSO 2023-2024

-Destinatarios/as.

A Escola de Teatro está dirixida a alumnado a partir de 8 anos.

Terán preferencia no acceso á praza o alumnado que estivera matriculado no curso 2022-2023 e finalizara satisfactoriamente todo o curso.

 

- Temporalización e lugar de realización.

A programación da Escola de Teatro 2023-2024 comezará o martes 3 de outubro e finalizará o martes 18 de xuño.

Non haberá clases cando non sexa periodo lectivo nos centros escolares, coincidindo coas vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa, así como os días festivos locais, autonómicos ou nacionais

Ubicación da Escola de Teatro: Auditorio Casa da Cultura Pintor Lloréns

 

- Preinscrición para participar na Escola de Teatro.

O alumnado deberá formalizar a solicitude de praza a través das seguintes vías: FORMULARIO EN LIÑA:

O prazo ordinario de preinscrición será: Dende a súa publicación na web municipal www.sada.gal até o 17 de setembro.

O sorteo (en caso de máis solitudes que prazas) e a publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e de agarda, será o 19 de setembro.

 

- Formalización de matrícula.

A formalización definitiva da inscrición para as persoas que teñan praza será mediante a presentación do xustificante de pagamento no prazo do 19 ao 26 de setembro (ambos inclusive)

Este pago realizarase mediante carta de pagamento que poderá tramitarse na oficina virtual tributaria do concello ou ben se facilitará nas dependencias de recadación (2ª andar).

No recibo de pagamento deberá figurar o nome e apelidos do solicitante. O xustificante de pagamento deberá ser enviado a omixsada@gmail.com dentro do prazo estipulado.

No caso de aplicar desconto no pagamento, deberase axuntar copia do documento que o acredite.

A non formalización da inscrición neste prazo suporá a renuncia da praza, pasando o dereito ao seguinte en listaxe de agarda.

Prazo extraordinario de pagamento para persoas en listaxe de agarda e novo alumnado solicitante: a partir do 27 de setembro e en calquera momento durante o curso escolar sempre que se dispoña de prazas vacantes e pedagóxicamente sexa posible a inclusión de máis alumnado en cada grupo.

 

- Grupos e horarios.

Para que as actividades se poidan realizar terá que haber un mínimo de 7 solicitudes por grupo de idade ofertado no momento da preinscrición.

Ofértanse 2 grupos por idade:

Grupo infantil-xuvenil: de 8 a 15 anos (15 prazas). Martes de 16.30 a 18.30h

Grupo adultos: a partir de 16 anos (15 prazas). Martes de 19.30 a 21.30h

 

.-Prezos e períodos de pagamento.

Os prezos de aplicación para os/as participantes na Escola Municipal de Teatro, serán os que se establezan no informe de prezo público correspondente.

O pago do curso dividirase en dúas cuotas, quedando da seguinte forma:

Pago da 1ª cota (do 19 ao 26 de setembro) correspondente ao periodo outubro 2022-xaneiro 2023: Menores: 40€ - Adultos: 48€

Pago da 2ª cota (do 19 ao 26 de xaneiro) correspondente ao periodo febreiro-xuño 2023: Menores: 50€ - Adultos: 60€

 

. Descontos.

50%: A alumnado integrante de Familias Numerosas (aportar copia do título de F.N.).

 

.- Baixa na actividade.

Para cursar baixa na actividade, o/a interesado/a deberá comunicalo a través dunha solicitude no rexistro xeral (presencial ou por sede electrónica).

 

- Normas de comportamiento.

A organización da Escola, non permitirá ningún tipo de comportamento violento, tanto físico como verbal. Se algún dos participantes dificulta a dinámica no desenvolvemento das sesións en repetidas ocasións (previas advertencias dende a dirección da Escola), pode ser susceptible de expulsión.

Arquivado en