Escola Municipal de Teatro. Curso 2019

28 / FEB / 2019

Escola Municipal de Teatro. Curso 2019

A Escola Municipal de Teatro do Concello de Sada, oferta unha proposta no eido das artes escénicas, desenvolvéndose fóra do horario lectivo. 

28/02/2019 - DECRETO APROBACION LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS EMT 2019.

nscrición en liña

Folla de inscrición para entregar na OMIX

Bases da Escola Municipal de Teatro Curso 2019.

Os seus obxectivos céntranse, por unha parte, na creación dunha oferta socieducativa que permita a conciliación da vida familiar e laboral e fomento de novas capacidades e por outra, como obxectivo pedagóxico desenvolver as capacidades creativas, comunicativas e expresivas do alumnado a través do xogo, a improvisación teatral e o cambio de roles.

Destinatarios/as. A Escola de Teatro está dirixida a alumnado a partir de 8 anos. Só poderán ser admitidas aquelas persoas que non teñan pendentes de pago recibos municipais, previa comprobación de oficio co Dpto. de Tesourería.

Participantes derivados dos Servizos Sociais : No caso de participantes derivados dos servizos sociais de atención primaria, resérvase un 10% das prazas no caso dos menores de idade, previo informe favorable dos/as técnicos/as. Ditas prazas serán cubertas por adxudicación directa dende o momento en que a Concellaría de Educación reciba o informe preceptivo. Esta adxudicación directa pode vir asociada a unha exención do pago das cuotas.

Temporalización e lugar de realización. A programación da Escola de Teatro 2019 comezará o martes 12 de marzo e finalizará o xoves 21 de xuño de 2019. Haberá períodos vacacionais nas seguintes datas: Semana Santa: Do 13 ao 22 de abril (ambos inclusive) Días festivos locais, autonómicos ou nacionais

Ubicación da Escola de Teatro: Auditorio Casa da Cultura “Pintor Lloréns”

Preinscrición para participar na Escola de Teatro A preinscrición será polo que resta do presente curso escolar (até xuño 2019). O alumnado inscrito en anos anteriores deberá realizar e presentar igualmente a documentación requerida. Non existe reserva de praza si participou na Escola en anos anteriores.

O alumnado deberá formalizar a inscrición das actividades a través das seguintes vías:

PRESENCIALMENTE coa folla de inscrición que se facilita e debe ser entregada na Oficina da Xuventude.

FORMULARIO EN LIÑA ou CORREO ELECTRÓNICO, descargando a solicitude na paxina web municipal www.sada.gal e enviándoa escaneada ao correo omixsada@gmail.com

Prazos O prazo ordinario de preinscrición será: Dende a súa publicación na web municipal www.sada.gal até o 24 de febreiro.

A publicación da listaxe provisional de admitidos e de agarda, será o 25 de febreiro.

A formalización definitiva da preinscrición para as persoas que teñan praza será mediante a presentación do xustificante de pagamento no prazo do 26 de febreiro ao 4 de marzo (ambos inclusive) na OMIX ou escaneado a ao correo omixsada@gmail.com.

No caso de aplicar desconto no pagamento, deberase axuntar copia do documento que o acredite. A non formalización da inscrición neste prazo suporá a renuncia da praza, pasando o dereito ao seguinte en listaxe de agarda. 

Prazo extraordinario: en calquera momento durante o curso escolar sempre que se dispoña de prazas vacantes e pedagóxicamente sexa posible a inclusión de máis alumnado en cada grupo.

Grupos, horarios e sorteo Para que as actividades se podan realizar terá que haber un mínimo de 7 solicitudes por grupo de idade ofertado no momento da preinscrición.

Ofértanse 2 grupos por idade:

Grupo infantil-xuvenil: de 8 a 15 anos (20 prazas). Martes de 16.30 a 18.30h

Grupo adultos: a partir de 16 anos (20 prazas). Martes de 19.30 a 21.30h

Na medida do posible, e naquelas actividades onde a demanda sexa superior a oferta, cabe a posibilidade da creación de novos grupos (por idades), polo que os horarios poderán sufrir modificacións.

Se non é posible a creación de novos grupos, as prazas serán cubertas por sorteo.

O sorteo público, de ser o caso, terá lugar o día 25 de febreiro ás 09.30 horas no local de actividades da OMIX. 

Prezos e períodos de pagamento: Os prezos de aplicación para os/as participantes na Escola Municipal de Teatro, serán os que se establezan no informe de prezo público correspondente. Polas circunstancias especiais deste curso 2019, os meses que restan para a finalización do mesmo en xuño, serán abonados a través dun pago único durante ese periodo de formalización da preinscrición. Unha vez realizado o pagamento deberá axuntar copia do mesmo na Oficina da Xuventude.

Menores de idade: 40€ (marzo a xuño)

Maiores de idade: 48€ (marzo a xuño)

Nota: No caso de alumnado que se incorpore ao longo do curso e que dispoña de praza, deberá realizar o ingreso da parte proporcional dos meses restantes Alta de alumnado ao longo de marzo: 40€ os menores e 48€ os adultos Alta de alumnado ao longo de abril: 30€ os menores e 36€ os adultos Alta de alumnado ao longo de maio: 20€ os menores e 24€ os adultos…etc

Descontos Os descontos aplicaranse só ao alumnado menor de idade na data en que haxa que realizar o pago da cuota.

50%: A alumnado integrante de Familias Numerosas (aportar copia do título de F.N.).

20% 2º Irmán/á. (imprescindible aportar Libro de Familia).

O desconto aplicarase sobre a cota de cada un dos irmáns/ás. Non se establece ningún tipo de desconto para o alumnado maior de 18 anos.

Baixa na actividade Para cursar baixa na actividade, o/a interesado/a deberá comunicalo entre o 1 e o 15 do mes anterior ao que se desexa causar baixa. De non tramitalo antes desa data, constará como participante de alta. Non se considerará baixa na actividade si o/a alumno/a lle comunica de palabra ao docente que non vai seguir asistindo ao curso.

Arquivado en