Escola municipal de teatro

Un proxecto que comezou no 2004, a Escola ofrece formación teatral a partir dos 8 anos. Nela poténciase o desenvolvemento da confianza, a expresión emocional, a comunicación, a imaxinación e o traballo en equipo, utilizando para isto unha metodoloxía dinámica e interactiva. O principal obxectivo é aproveitar a potencialidade do teatro dende o punto de vista educativo e de desenvolvemento persoal. A Compañía Municipal está integrada por antigos alumnado da Escola apaixoados polo teatro amador, levan a cabo montaxes de diferente índole e participan en certames ou mostras teatrais por toda Galicia.

No ano 2018 obtiveron o 2º premio no Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña.

Máis información sobre convocatorias e inscricións en:

Matrícula Curso 2023-24

Teléfono 981.620.331

omixsada@gmail.com

Localización

Avenida do Porto s/n - 15160 (Sada)

Como chegar