ESCAPE ROOM: OS MISTERIOS DA BIBLIOTECA

22 / SEP / 2025

ESCAPE ROOM: OS MISTERIOS DA BIBLIOTECA

Venres 3 de outubro. Dúas quendas de 17:00 a 18:00 e de 19:00 a 20:00. Na Biblioteca municipal para nen@s entre 8 e 12 anos

INSCRICIÓN ESCAPE ROOM: OS MISTERIOS DA BIBLIOTECA . VENRES 3 OUTUBRO ( FORMULARIO HABILITADO DO LUNS 29 DE SETEMBRO ÁS 09:00 HORAS AO MÉRCORES 1 DE OUTUBRO ás 18:00)

 

 

A nosa biblioteca agocha unha serie de misterios que deberedes resolver. Por equipos teredes que superar unha serie de probas, descifrar enigmas, utilizando a cooperación, a comunicación activa e o enxeño para conseguir un obxectivo común. Seredes capaces de superalo en 60 minutos?

Trátase dunha actividade moi divertida e que lles permite resolver problemas a través do traballo en equipo. De aquí levaranse unha aprendizaxe moi importante para o seu futuro, poñendo en valor a importancia da biblioteca e da lectura.

Ofreceránse 24 plaza por quenda

OS NEN@S ACUDIRÁN SOLOS Á ACTIVIDADE, NON ESTÁ PERMITIDA A ENTRADA A NINGÚN ADULTO

A adxudicación de prazas realizarase por rigoroso orde de inscrición. Crearase unha listaxe de agarda.

O formulario abrirá o LUNS 29 DE SETEMBRO ás 09:00 horas e pechará o MÉRCORES 1 DE OUTUBRO ás 18:00. Terán preferencia os socios da biblioteca e os empadroados en Sada. Non poderán repetir experiencia aqueles rapaces e rapazas que xa obtiveran praza na actividade do 26 de setembro.

A confirmación de praza realizarase exclusivamente a través do correo electrónico o xoves 25 de setembro.

A cumprimentación deste formulario xera unha resposta automática, a cal NON confirma a adxudicación de praza.

Se non pode asistir, avise no teléfono 981619115 coa suficiente antelación para que a súa praza pase a outra persoa.

Arquivado en