Equipamento socio-cultural

Antiga cámara agraria (sada)

Capela de San Roque

Praza de España, s/n 15160 Sada - A Coruña

Casa da Cultura "Pintor Lloréns" (Sada)

Avenida do Porto s/n - 15160- Sada

Casa do pobo de Meirás

Calle José Fernández Alvárez

Casa do pobo de Mondego

Casa do pobo de O Castro (Osedo)

Casa do pobo de Veigue

Local e inmoble das antigas escolas de Soñeiro

Local multiusos de Carnoedo

Museo "Carlos Maside" e centro cultural "O Castro" (Osedo)

PECHADO TEMPORALMENTE

O Museo de Arte Contemporánea 'Carlos Maside' xorde en 1970 ante a necesidade de recoller a obra e a documentación dos artistas da xeración dos anos trinta, ampliando posteriormente os seus obxectivos como testemuño da creación artística contemporánea galega. O museo atópase nun complexo arquitectónico que acolle ademais a fábrica de Cerámicas O Castro, un edificio destinado a mostra de cerámica, libraría, e unha sala de exposicións temporais; o máis característico é o edificio do museo, formado por módulos hexagonales distribuídos ao redor dun módulo central.

A exposición repártese no tres plantas do edificio. Exponse as obras de Castelao, xerme do Movemento Renovador, e obras doutros artistas como Maruja Mallo, Francisco Lloréns, Xesús Corredoira, Francisco Asorey, Arturo Souto etc; e dos Renovadores, con obras de Laxeiro, Colmeiro, Maside ou Luís Seoane. Xunto a eles atópanse as obras de figuras singulares como Eugenio Granell e Urbano Lugrís. Poden contemplarse nesta mesma planta obras de artistas de Vangarda como os pertencentes ao grupo Atlántica. Finalmente, a última planta está dedicada ao debuxo humorístico.

Castro de Samoedo 15160 Sada

Oficina Municipal Información Xuvenil (OMIX)

Actualidade

Bolsa de emprego de Arquitecto/a Técnico/a

04 / MAI / 2026

Proceso de selección para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir praza vacante de Arquitecto/a Técnico/a. A vixencia desta bolsa é de tres anos, prorrogables por outros 3.

COMPARTIR EN:

Obradoiro creativo: Libros e ioga na Escola de Mon...stros!

04 / MAI / 2026

O venres 15 de maio, dentro do programa Ler conta moito, levarase a cabo na Biblioteca Municipal o obradoiro "Libros e ioga".

COMPARTIR EN:

Convocatoria extraordinaria de proceso selectivo p...raza traballador/a social quenda libre OEP 2024

30 / ABR / 2026

Convocatoria para a provisión en propiedade de unha praza vacante de persoal funcionario de carreira da escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios, grupo A, subgrupo A2 de clasificación, denominada traballador/a social. Sistema selectivo: oposición en quenda libre.

COMPARTIR EN:

Convocatoria de bolsa de emprego para postos de o...perario

29 / ABR / 2026

Proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego para a cobertura temporal de prazas vacantes de persoal laboral coa categoría de operario de calquera servizo

COMPARTIR EN:

O Goberno local leva a pleno un orzamento de 17 mi...llóns para consolidar servizos públicos e investimentos

25 / ABR / 2026

O orzamento inclúe máis de 2,5 millóns en investimentos reais para actuar sobre o territorio e mellorar o día a día da veciñanza. As políticas sociais superan os 3 millóns de euros, reforzando a atención ás persoas e aos colectivos máis vulnerables

COMPARTIR EN:

Segunda Convocatoria PS Auxiliar Administración Xe...ral (quenda reservada persoas discapacitadas)

22 / ABR / 2026

Convocatoria de proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha (1) praza vacante de auxiliar administrativo persoal funcionario de carreira (OEP 2024) quenda reservada a persoas con discapacidade. A alcaldía polo Decreto núm. 208/2026, do 12 de febreiro, aprobou, convocar novamente, tras quedar deserto nunha primeira convocatoria, o proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha (1) praza de persoal funcionario de carreira da Escala de Administración Xeral, Subescala Auxiliar (Grupo C, subgrupo C2 de clasificación) denominada: auxiliar administrativo, vacante no cadro de persoal e incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2024 (BOP núm. 77, do 19-4-2024), mediante o sistema selectivo de oposición en quenda reservada a persoas con discapacidade. E aplicarlle á dita convocatoria:- as bases específicas aprobadas polo Decreto da Alcaldía núm. 1719/2025, do 23 de setembro (BOP núm.185, do 29-9-2025)- as bases xerais dos procesos selectivos para o desenvolvemento da oferta de emprego público para o Concello de Sada do ano 2024, aprobadas polo Decreto desta Alcaldía núm. 938/2024, do 16 de maio, (BOP núm. 104, do 30-5-2024).

COMPARTIR EN:

SAÍDAS MEDIOAMBIENTAIS GUIADAS 2026

21 / ABR / 2026

O Concello de Sada organiza as saídas medioambientais gratuitas deseñadas e guiadas por persoas expertas da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)

COMPARTIR EN:

A Deputación da Coruña e o Concello de Sada concre...tan a cesión das estradas para a apertura do río Maior

20 / ABR / 2026

Deputación e Concello asinarán un convenio no que se formalizará a cesión e o financiamento para distintas melloras na DP-0812 e DP-0813

COMPARTIR EN:

O programa Ler Conta Moito da Biblioteca Municipal... programa o obradoiro creativo "Chocolate"

13 / ABR / 2026

O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa amósannos o divertido que é cociñar entre amigos, superarse xuntos e atreverse a afrontar novos retos. A pasteleira Tomasa contanos como gañaron o premio "Master Comellón" grazas á súa orixinal receita "Brocheta de froitas da casa recuberta de chocolate fondeu". Despois do conto realizamos un obradoiro de cociña de chocolate co público asistente.

COMPARTIR EN:

DÍAS AZUIS DO COMERCIO GALEGO 2026

07 / ABR / 2026

A campaña "Días Azuis do Comercio Galego" é unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, coa colaboración de ABANCA e na que tamén colabora o Concello de Sada entregando os distintivos dos comercios a través da Concellería de Promoción Económica.

COMPARTIR EN:

VER MÁIS NOVAS