El goberno local lleva a pleno 242.000 euros para avanzar en el acondicionamento de la Avenida de Sada e Contornos

24 / SEP / 2025

El goberno local lleva a pleno 242.000 euros para avanzar en el acondicionamento de la Avenida de Sada e Contornos

Esta partida forma parte dunha modificación de crédito máis ampla, de 600.000 euros, que o goberno local leva ó pleno ordinario de setembro. Recentemente a Xustiza deu a razón ó Concello de Sada ó respecto da mala execución da obra por parte da empresa adxudicataria

O goberno local proporá no pleno ordinario de setembro a aprobación dunha modificación de crédito que suma algo máis de 600.000 e que permitirá a execución de investimentos e melloras en distintas áreas municipais para beneficio da cidadanía. Unhas das partidas máis relevantes é a destinada ó acondicionamento e pavimentación da Avda. Sada y sus Contornos.

Avánzase así no arranxo dunha das principais vías do noso municipio logo de que a Xustiza dese a razón ó Concello de Sada ó respecto da deficiente execución dos traballos por parte da empresa adxudicataria. Concretamente, o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña desestimou a denuncia interposta por Construcións Cernadas eximindo ao Concello do pago de máis de 80.000 euros que reclamaba esta empresa. A Xustiza veu acreditado que os traballos executados en 2021 foron deficientes e non se correspondían co proxectado.

O goberno local xa iniciou os trámites para resolver o contrato con esta empresa, paso indispensable para poder adxudicar o arranxo a unha nova entidade. Para a adxudicación dos mesmos é necesario reservar o crédito previsto no proxecto de execución, que ascende a 242.326,95 euros, e que o goberno local leva a pleno para a súa aprobación.

 

MÁIS PARTIDAS PARA INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS

Ademais da partida reservada para o arranxo desta estrada, o goberno local proporá ó pleno destinar outros investimentos para a mellora de distintos bens públicos comezando polo propio edificio administrativo do Concello. Así, o goberno prevé destinar 50.000 euros á reparación de humidades nos patios e cuberta deste edifico. Tamén se reserva unha partida de algo máis de 84.000 euros para o acondicionamento e urbanización da zona exterior do Centro de Formación de Osedo, necesario para a apertura deste espazo.

Por outra banda, o goberno local tamén reserva partidas que suman 172.000 euros que irán destinados a investimentos para instalacións e equipamentos deportivos. Esta modificación de crédito, que supón unha achega orzamentaria significativa, é unha aposta firme polo deporte e pola mellora dos servizos municipais. O goberno local reforza así o seu compromiso nunha área na que Sada destaca precisamente polos éxitos da veciñanza que practica algún tipo de deporte nas instalacións públicas do noso Concello.

En relación cos centros escolares e o seu mantemento, o goberno local reserva 30.000 euros para melloras no CEIP Sada y sus Contornos. Esta partida irá destinada a executar obras relacionadas co sistema eléctrico, para garantir o seu correcto funcionamento e seguridade. A Concellería de Educación tamén ten proxectada a execución dun aparcadoiro de bicicletas neste centro

Arquivado en