
Sada celebra o Día da Educación Física na Rúa o 16 de abril coa participación de todos os centros escolares do municipio.
O próximo 16 de abril de 2026 os centros educativos de toda España están chamados, unha vez máis, a saír á rúa para mostrar á sociedade o verdadeiro valor educativo da Educación Física. Ese día celebrarase a 16.ª edición do Día da Educación Física na Rúa (DEFR), unha iniciativa consolidada que, ano tras ano, converte prazas, parques e rúas en aulas abertas onde o movemento, a aprendizaxe e a convivencia fanse visibles.
Tras o éxito das edicións anteriores celebradas na nosa vila, todos os centros educativos de Sada: o I.E.S Isaac Díaz Pardo, o I.E.S O Mosteirón, o CEIP Plurilingüe O Mosteirón, o CEIP Pedro Barrié de la Maza e o CEIP Sada y sus Contornos participarán nesta celebración organizando unha xornada de actividades lúdico-recreativas. A mesma está prevista para o xoves 16 de abril (no caso de que as condicións climatolóxicas foran adversas, trasladaríase a unha nova data que se comunicaría coa maior antelación posible).
Este ano aixo o lema «EF 2.0: Movendo corpos, conectando mentes», o #DEFR2026 propón reflexionar e actuar sobre un aspecto central da realidade actual do alumnado: a relación entre o corpo, o movemento e a tecnoloxía nun mundo cada vez máis dixitalizado
O número estimado de participantes, sumando alumnado e profesorado, será de 240.
O concello de Sada colabora con esta iniciativa dende ás áreas de Seguridade Cidadá. Educación e Cultura. A xornada tamén contará coa colaboración de distintos clubs deportivos: CAS, SASA, Club Taekwondo Sada, Deport Ocio e Sadanza.