DESFILE E CONCURSO DE DISFRACES E COMPARSAS

23 / ENE / 2018

DESFILE E CONCURSO DE DISFRACES E COMPARSAS

BASES REGULADORAS DO CONCURSO DE DISFRACES. ENTROIDO EN SADA 2018.

INSCRICIÓN  DESFILE-CONCURSO DISFRACES ENTROIDO EN SADA

INSCRICIÓN EN LIÑA DESFILE-CONCURSO DISFRACES ENTROIDO EN SADA

O Concello de Sada, a través da Concellería de Cultura e Praias, convoca un concurso de disfraces en diferentes categorías dentro da programación de actividades de celebración do Entroido 2018.

Con esta convocatoria preténdese animar a participación activa da cidadanía no Entroido, e aportar un contido atractivo á programación dos festexos desta edición do Entroido Municipal en Sada.

O domingo 11 de febreiro a programación contempla a organización das seguintes actividades:

En primeiro lugar organizaremos un desfile de disfraces e comparsas que percorrerá as rúas do centro de Sada. A intención é a de encher as rúas de cor e música desenfadada, como é o propio nesta celebración, enchendo a vila coa enerxía festiva do Entroido. A comitiva incorporará charangas, comparsas con e sen carroza, agrupacións e asociacións sadenses, así como público participante de xeito individual.

Para poñer o peche desta actividade propoñemos un concurso de disfraces en diferentes categorías, no que poderán participar todos os asistentes de maneira individual ou colectiva, no que se establecerán tres categorías para premiar os mellores disfraces individuais, grupais e con carrozas ou vehículos de acompañamento.

O obxectivo desta iniciativa é o de xerar dinamismo e participación activa da comunidade na celebración dunha das festividades de maior tradición e arraigo popular do calendario festivo anual, favorecendo o goce da tradición para que perdure o sentido desta celebración da nosa cultura popular.

 

Arquivado en