Convocatoria PS para acceso ao corpo da Policía Local de Sada categoría de inspector por mobilidade

21 / FEB / 2022

Convocatoria PS para acceso ao corpo da Policía Local de Sada categoría de inspector por mobilidade

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ORDE do 24 de xaneiro de 2022 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca o proceso selectivo para o acceso aos corpos da Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector, quendas de acceso por promoción interna e por mobilidade (código de procedemento PR461F). Entre a relación de prazas convocadas atópase 1 praza de inspector en quenda de mobilidade para Sada.

De conformidade co establecido no Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de Policía Local, vixilantes municipais e auxiliares de Policía Local (Diario Oficial de Galicia núm. 222, do 22 de novembro), a vicepresidencia primeira da Xunta de Galicia, en virtude da delegación conferida para o efecto polos concellos interesados, aprobou as bases xerais reguladores e convocar o proceso selectivo unitario para o acceso aos corpos de Policía Local, escala executiva, categoría de inspector, quendas de promoción interna e mobilidade, subgrupo A2.

O obxecto do proceso selectivo é cubrir 6 prazas dos corpos de Policía Local, categoría de inspector, escala executiva, dúas delas pola quenda de mobilidade e catro delas pola quenda de promoción interna.

 

Arquivado en