04 / SEP / 2024
As presentes bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a provisión en propiedade, polo sistema de oposición por quenda libre, dunha (1) praza de ordenanza, persoal funcionario, pertencente á escala de Administración Xeral, Subescala Subalterna, Grupo E/AP, vacante no Cadro de Persoal e incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2022, en todo aquelo que non estea previsto nas Bases xerais dos procesos selectivos para o desenvolvemento da Oferta de Emprego Público para o Concello de Sada do ano 2022, aprobadas pola resolución da Alcaldía núm. 789/2023, 27 de abril e publicado no BOP núm 85 de 05-05-2023.
CARACTERÍSTICAS DAS PRAZAS.
- a) Denominación da praza: Ordenanza
- b) Escala de administración Xeral ,Subescala Subalterna
- c) Grupo de clasificación: E/AP
- d) Tipo de relación xurídica: persoal funcionario de carreira
- 04/09/2024 - Listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo provisión en propiedade polo polo sistema de oposición dunha (1) praza de Ordenanza.
- 08/08/2024 - Anuncio no BOE DA Resolución de 30 de julio de 2024, del Ayuntamiento de Sada (A Coruña), referente a la convocatoria para proveer una plaza.
- 02/07/20254 - BASES ESPECÍFICAS PARA A CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN EN PROPIEDADE POLO SISTEMA DE OPOSICIÓN DUNHA (1) PRAZA DE ORDENANZA, PERSOAL FUNCIONARIO, CORRESPONDENTE Á OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2022)
- Bases xerais dos procesos selectivos para o desenvolvemento da Oferta de Emprego Público para o Concello de Sada
- Modelo solicitude procesos selectivos no Concello de Sada