Contratos menores

Podes consultar a relación de Contratos menores do Concello de Sada desde o ano 2015.

Relación de contratos menores


Actualidade

Subvencións destinadas a deportistas individuais d...o Concello de Sada 2025

20 / FEB / 2026

A Alcaldía, por medio do decreto 2089/2025 do 10 de novembro, resolveu aprobar a convocatoria de subvencións dirixidas a deportistas individuais do Concello de Sada para o ano 2025, que se rexerán polas bases reguladoras que se achegan a continuación. Prazo de solicitude do 21/11/2025 ao 12/12/2025 (A.I.)

COMPARTIR EN:

Segunda convocatoria PS para persoas con discapaci...dade dunha praza da escala de administración xeral, subescala auxiliar (OEP 2024)

20 / FEB / 2026

O Concello de Sada convoca novamente, tras quedar deserto nunha primeira convocatoria, o proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha (1) praza de persoal funcionario de carreira da Escala de Administración Xeral, Subescala Auxiliar (Grupo C, subgrupo C2 de clasificación) denominada: auxiliar administrativo, vacante no cadro de persoal e incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2024 (BOP núm. 77, do 19-4-2024), mediante o sistema selectivo de oposición en quenda reservada a persoas con discapacidade. E aplicarlle á dita convocatoria as bases específicas aprobadas polo Decreto da Alcaldía núm. 1719/2025, do 23 de setembro (BOP núm.185, do 29-9-2025) e as bases xerais dos procesos selectivos para o desenvolvemento da oferta de emprego público para o Concello de Sada do ano 2024, aprobadas polo Decreto desta Alcaldía núm. 938/2024, do 16 de maio, (BOP núm. 104, do 30-5-2024).

COMPARTIR EN:
COMPARTIR EN:

SAÍDAS MEDIOAMBIENTAIS GUIADAS 2026

16 / FEB / 2026

O Concello de Sada organiza as saídas medioambientais gratuitas deseñadas e guiadas por persoas expertas da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)

COMPARTIR EN:

XIX Mostra de Teatro Afeccionado Sada 2026

13 / FEB / 2026

A Concellería de Cultura convoca a XIX edición da Mostra de teatro Afeccionado pola que se promove a actividade teatral de carácter afeccionado e dar a coñecer entre a poboación sadense unha selección das montaxes escénicas contemporáneas, no eido do teatro amador. Na Mostra entregaranse os «Premios Lugrís Freire», en homenaxe e lembranza do escritor e dramaturgo sadense, un dos máximos expoñentes do teatro social galego, director da Escola Rexional de Declamación e homenaxeado coas Letras Galegas 2006. Un xurado e o público que asista aos espectáculos determinarán, a través das súas valoracións, cales serán as compañías premiadas nesta edición.

COMPARTIR EN:

Bolsa de emprego de Arquitecto/a Técnico/a

10 / FEB / 2026

Proceso de selección para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir praza vacante de Arquitecto/a Técnico/a. A vixencia desta bolsa é de tres anos, prorrogables por outros 3.

COMPARTIR EN:

Campaña apoio ao Comercio Local no San Valentín 20...26

09 / FEB / 2026

A Concellería de Promoción Económica en colaboración con ACESADA (Asociación de comerciantes e Empresarios de Sada) abre a convocatorias da campaña de promoción das compras no comercio local polo San Valentín 2026

COMPARTIR EN:

RENOVACIÓN DNI E PASAPORTE EN SADA

08 / FEB / 2026

Os días 24 e 25 de marzo e 13 e 14 de maio desprazarase ata Sada un equipo da Policía Nacional para efectuar a expedición de DNI e Pasaporte.

COMPARTIR EN:

CURSO DE SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS ACUÁ...TICOS NATURAIS NO CONCELLO DE SADA 2026

04 / FEB / 2026

A concellerías de Emprego e de Educación, Deportes e Xuventude programan un CURSO DE SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS NO CONCELLO DE SADA. impartido pola Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA).

COMPARTIR EN:

AVISO INFORMATIVO - Activación de dispositivo prev...entivo por risco de asolagamentos

04 / FEB / 2026

O Concello de Sada procede á activación dun dispositivo preventivo de seguimento, control e preparación operativa ante un posible risco de asolagamentos na zona da desembocadura do río Maior, ao seu paso polo núcleo urbano.

COMPARTIR EN:

ENTROIDO SADA 2026

04 / FEB / 2026

A Concellería de Cultura programa as FESTAS DO ENTROIDO do 14 ao 17 de febreiro

COMPARTIR EN:

VER MÁIS NOVAS