CONTACONTOS "LONXEDETODO: UN MODELO DE COMUNIDADE"

06 / XUN / 2019

CONTACONTOS "LONXEDETODO: UN MODELO DE COMUNIDADE"

Contacontos da compañía Trinketrinke nos que ensinan ás nenas e nenos uns sinxelos principios de funcionamento político da comunidade (que é o diñeiro público, como e para que se escolle un alcalde ou alcaldesa...).

Venres 7 de xuño de 18:30 a 19:30 na Biblioteca Municipal 

Para nenas/os de 3 a 8 anos.

LISTAXE PERSOAS ADMITIDAS LONXEDETODO

A inscrición é válida para a actividade do 7 de xuño en horario de 18:30 a 19:30 horas.

O prazo de inscrición remata o mércores 5 de xuño ás 18:00 horas.

As prazas dispoñibles son 30, polo que en caso de que as inscricións superen este número terá lugar un sorteo público entre todas as persoas solicitantes o mércores 5 de xuño ás 19:00 horas na Biblioteca Municipal.

No sorteo terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Sada e con idades comprendidas entre os 3 e os 8 anos.

A listaxe de admitidas/os publicarase no taboleiro de anuncios da Biblioteca e nesta páxina

Por cuestións de aforo, cada nena/o poderá vir acompañado únicamente dunha persoa adulta.

No caso da asistencia ao espectáculo de varias irmás ou irmáns, só se permitirá a entrada dunha persoa adulta para acompañar a todas/os.

Arquivado en