21 / MAR / 2026

O sábado 21 de marzo, ás 19:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura, terá lugar o concerto de bandas Sonoras da Banda Municipal de Müsica de Sada ,
ENTRADA LIBRE
A Banda de Música de Sada, dirixida por Miguel Brea, combinará diversas obras musicais con proxección de imaxes de películas de cinema moi coñecidas.
Xogo de Tronos, Memorias de África, John Willians ( Star Wars, Tiburón, ET, etc. ), Cinema Paradiso, Como adestrar ao teu dragón, O bo, o feo e o malo, A Misión ou Moana