CERTAME MICRORRELATOS E CÓMIC/VIÑETA DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

25 / FEB / 2021

CERTAME MICRORRELATOS E CÓMIC/VIÑETA DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Con motivo da vindeira celebración do Día Internacional da Muller, 8 MARZO 2.021, xornada para reivindicar os dereitos e a igualdade de oportunidades así como denunciar as desigualdades e a violencia que veñen sofrindo as mulleres ó longo da historia, REDE FEMINISTA SADENSE, coa colaboración do Concello de Sada convoca un CERTAME de MICRORRELATOS E COMICS/VIÑETAS baixo o lema “TI PODES E EU TAMÉN. TODXS TEMOS VOZ”

Bases Completas do CERTAME MICRORRELATOS E CÓMIC/VIÑETA

Autorización de participación de menores que deberá ser asinada pola nai/pai/tutora/tutor legal.

Poderán participar nenos e nenas, mozos e mozas, menores de 18 anos en duas categorías

Categoría MICRORRELATO e Categoría CÓMIC/VIÑETA

Na Categoría MICRORRELATO deberá remitirse escrito en lingua galega ou castelana e deberá ser orixinal, cunha extensión máxima de 150 palabras. Poderá ser presentado en forma manuscrita ou a máquina, e cada concursante podera presentar tantos microrrelatos como desexe.

Na Categoría CÓMIC/VIÑETA os traballos presentados terán una extensión máxima de 1 folla DIN A4. Poderán presentarse tanto en formato horizontal como vertical, e cada concursante poderá presentar tantos traballos como desexe. As obras poderán realizarse tanto en blanco e negro como a cor, empregando calquer técnica artística, incluíndo técnicas de deseño por ordenador ou programas de edición

Os traballos, en ambas categorías, deberán ser remitidos en formato PDF ó enderezo de correo electrónico redefeministasadense@gmail.com xuntando ó mesmo os datos persoais do/a autor/a. A data límite de presentación dos traballos será o día 1 de marzo de 2.021.

Entre todos os traballos recibidos seleccionarase o mellor microrrelato e hasta tres finalistas (máximo) dacordo cos seguintes criterios: A orixinalidade do enfoque e a utilidade do texto cara a sensibilización social a favor da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e erradicación da violencia de xénero.

A identidade do/a gañador/a do certame e dos/as finalistas comunicarase a través de email e redes sociais o día 8 DE MARZO DE 2.021.

Cando as condicións e as normas o permitan, se convocará ás/ós participantes no certame e á ciudadanía en xeral á celebración dun acto público de exhibición e lectura de todos ou algúns dos traballos presentados, ó seu criterio, con mención especial ós/ás gañadores e finalistas do certame. Na celebración do acto farase entrega ós/ás gañadores/as e finalistas dun agasallo pola súa participación e compromiso.

Arquivado en