CARTAS DA MULLER AUSENTE

16 / NOV / 2025

CARTAS DA MULLER AUSENTE

A concellería de Cultura programa este domingo 16 de novembro ás 19:00 horas na Casa da Cultura a obra CARTAS DA MULLER AUSENTE

Entrada libre ata completar aforo

Dramaturxia e direción: Lola Roel

Con: Paula Badrán, Loli Fernández Romero e Iago Rego Lage  

 

SINOPSE:

Unha muller acode á consulta do psiquiatra para tratar o trastorno de personalidade múltiple que sofre desde que se divorciou. Como terapia, o doutor recoméndalle a escritura dunhas cartas co obxecto de que a muller silenciada, durante o tempo que durou o matrimonio, exprese as súas emocións e prodúzase a ansiada recuperación.

Arquivado en