CAMPUS VÓLEI PRAIA SADA 2025

02 / XUL / 2025

CAMPUS VÓLEI PRAIA SADA 2025

O Concello de Sada xunto coa Federación Galega de Voleibol organizan un CAMPUS DE VÓLEI PRAIA do 1 ao 4 de xullo na Praia das Delicias para iniciar á rapazada de 6 a 17 anos na práctica deste deporte.

INSCRICIÓN CAMPUS DE VÓLEI PRAIA SADA 2025

BASES PARTICIPACIÓN CAMPUS VÓLEI PRAIA

 

DATAS E HORARIO

  •  O campus desenvolverase do 1 ao 4 de xullo de 2025.
  •  O horario será de 10:00 a 14:00 horas.
  •  

Organizaranse dúas quendas:

  • o 10:00 a 12:00: Grupo de 6 a 11 anos.
  • o 12:00 a 14:00: Grupo de 12 a 17 anos.

 

LOCALIZACIÓN

O campus levarase a cabo no Concello de Sada, na praia das Delicias  garantindo un entorno seguro e axeitado para a práctica do vólei praia.

 

PRAZAS E MONITORES

  •  Establecerase un máximo de 24 participantes por quenda.
  •  Haberá dous monitores especializados que supervisarán e dirixirán a actividade.

 

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN

  •  Poderán inscribirse nenos e mozos de entre 6 e 17 anos.
  •  A inscrición realizarase ata completar aforo por orde de chegada.
  •  Requirirase autorización dos pais ou titores.

 

MATERIAL NECESARIO

Cada participante deberá acudir con:

  •  Roupa deportiva axeitada.
  •  Protector solar.
  •  Gorra.
  •  Botella de auga.

 

INSCRICIÓNS

  •  As inscricións realizaranse a través da web habilitada pola Federación Galega de voleibol
     Confirmarase a praza unha vez realizado o peche de inscricións mediante os correos electrónicos facilitados.

 

NORMATIVA E RESPONSABILIDADE

  •  Os participantes deberán seguir as indicacións dos monitores en todo momento.
  •  En caso de condicións meteorolóxicas adversas, a organización resérvase o dereito de modificar ou cancelar as actividades.

 

PROTECCIÓN DE DATOS

En cumprimento da Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, infórmase de que os datos persoais recollidos durante o proceso de inscrición serán tratados exclusivamente para a xestión do campus.

Ao realizar a solicitude de inscrición, os participantes (ou os seus representantes legais) aceptan expresamente esta condición.

 

CONTACTO

Para máis información, os/as interesados/as poden contactar coa Federación Galega de Voleibol a través do correo correo@volei.gal, redes sociais ou no teléfono 981 13 44 53.

Arquivado en