CAMPAÑA NEVE DEPUTACIÓN 2022

26 / NOV / 2021

CAMPAÑA NEVE DEPUTACIÓN 2022

A Deputación da Coruña, programa a “Campaña da Neve 2022” na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias) para nenos e nenas de toda a provincia con idades entre 12 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2021).

FOLLA DE INSCRICIÓN

Ao Concello de Sada concedéronlle 9 prazas na 4ª quenda (04/02/22 ao 07/02/22) para rapaces e rapazas empadroados/as no noso Concello.

As inscricións para participar na Campaña de Neve 2022 só se poderán entregar no Rexistro Xeral do Concello de Sada. O prazo de presentación será do 30 de novembro ao 14 de decembro 2022 ás 14:00 horas.  

Terán preferencia os rapaces que non foran a ninguna campaña de neve da Deputación Provincial. No caso de recibir máis solicitudes que as prazas que temos concedidas, farase un sorteo público na área de Deportes (Entreplanta do edificio de Servizos Administrativos na Avenida da Mariña, 25) ás 12:00 horas do xoves 16 decembro 2022, e avisarase por teléfono aos admitidos/as para indicarlles a documentación que deben presentar para confirmar a súa praza.

Cada participante aboará unha cota de participación de 85 euros. Non teñen que pagar a cota nin presentar documentación (excepto a inscrición que se achega a este escrito) ata que o Concello lles confirme a praza.

Arquivado en