CAMPAÑA ESQUÍ 2018

17 / ENE / 2018

CAMPAÑA ESQUÍ 2018

O concello de Sada foi incluido no programa de esquí “CAMPAÑA DE INVERNO 2018”, da Deputación Provincial, para o que se lle adxudican  8 prazas. A estancia e manutención desenvolveranse en aloxamentos ubicados na estación invernal de Cabeza de Manzaneda e correspóndelle a terceira quenda, dende o 23/02/2018 ó 26/02/2018.

Sorteo prazas Campaña Esquí 2018 Deputación

Folla inscripción Campaña Esquí 2018 estación de Manzaneda

Tríptico Campaña Esquí 

A Deputación da Coruña, programa unha campaña de esquí na estación invernal de Manzaneda  (provincia de Ourense) para nenos e nenas de toda a provincia, nados nos anos 2003, 2004, 2005, 2006 e 2007.

Ao Concello de Sada concedéronlle 8 prazas para rapaces e rapazas empadroados/as no noso Concello e nos corresponde a 3ª quenda: do 23 ao 26 de febreiro. Serán catro  días con estadía e manutención, ademáis de clases de esquí, con alugamento de material, seguros, remontes mecánicos, etc., na estación de Manzaneda.

As preinscricións para participar na Campaña de Esquí 2018 só se poderán entregar no Rexistro Xeral do Concello de Sada. O prazo de presentación será ata o 16 de xaneiro de 2018. Terán preferencia os rapaces que non foran a ninguna campaña de neve da Deputación Provincial.

No caso de recibir máis solicitudes que as prazas que temos concedidas, farase un sorteo público no área de Deportes (Entreplanta do edificio de Servizos Administrativos)  ás 12:00 horas do día 17 de febrero, e avisarase por teléfono aos admitidos/as para indicarlles a documentación que deben presentar para confirmar a súa praza.

Cada participante aboará unha cota de participación de 85 euros. Non teñen que pagar a cota nin presentar documentación (excepto a preinscrición) ata que o Concello lles confirme a praza. As solicitudes que non cumpran cos requisitos serán anuladas do sorteo automáticamente.

Arquivado en