CAMPAMENTOS DE VERÁN 2023

15 / MAI / 2023

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2023

A Deputación da Coruña, dentro da súa programación deportiva para o ano 2023, pon en marcha un ano máis os campamentos deportivos deste verán, estes campamentos están destinados a 400 nenos/as empadroados/as nun concello da provincia da Coruña, nacidos entre o 1 de xaneiro do 2009 e o 31 de decembro de 2014

FICHA DE INSCRICIÓN

Os participantes neste programa desfrutarán de residencia que ten a Deputación da Coruña no I.E.S. Rosalía Mera, onde os nenos/as poderán gozar dunha ampla variedade de actividades.

Esta campaña dará comezo o 2 de xullo e desenvólvese ao longo de 4 quendas, segundo a distribución xeográfica.

A Deputación asume a maior parte dos gastos que ocasiona o campamento; transporte de todas as persoas participantes para as distintas actividades, así como das entradas se fosen necesarias, e do material para poder levar a cabo as actividades programadas

Ao Concello de Sada correspóndenlle 5 prazas na segunda quenda a cal transcorre dende os días 9 ao 14 de xullo

Entre os días 10 de maio e o 7 de xuño será o prazo para facer as inscricións dos nenos no molodelo que se achega de FICHA DE INSCRICIÓN

As inscricións das persoas participantes realizaranse no rexistro do Concello onde residan.

No suposto de ter máis solicitudes que números de prazas concedidas pola Deputación, o 12 de xuño realizarase no departamento de Deportes del Concello de Sada un sorteo público para adxudicar as prazas. Terán prioridade os nenos e nenas que nunca asistiran a campañas de verán.

Cada participante aboará unha cota de inscrición de 85,00€ que pagará cando se lle adxudique a praza.

Arquivado en