Cambio de ubicación da parada de autobús en Carnoedo

11 / FEB / 2022

Cambio de ubicación da parada de autobús en Carnoedo

A Xunta cambia unha parada de autobús perigosa en Carnoedo solicitada polo Concello. A concellería de Participación Cidadá trasladou ao área de Mobilidade da Xunta de Galicia unha demanda da veciñanza de Carnoedo que verán cumprida a súa solicitude a partir do martes 15 de febreiro.

Carnoedo contará a partir deste martes 15 de febreiro cunha nova ubicación da parada de autobús de Espiñeiro ao acceder o área de mobilidade da Xunta de Galicia ao cambio proposto pola concellería de Participación Cidadá, que xestiona Rebeca Mouriño, a un lugar moito máis accesible e seguro. Ademáis a Concellería de Participación Cidadá ven de solicitar permiso á Xunta , unha vez notificado o cambio, para instalar novas marquesiñas nas novas paradas.

Desde a concellería indicaron que “avanzando no Plan de mobilidade urbana sostible, tan necesario en diferentes ámbitos e para todos os colectivos, búscase realizar un conxunto de actuacións que leven a implantar formas de desprazamento mais sostibles mellorando a calidade de vida no noso municipio”. Nese sentido o Concello de Sada ten como obxectivo mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade en todo o municipio e reducir a dependencia do vehículo privado mellorando o transporte público e a súa accesibilidade acorde ás necesidades.

A parada, actualmente estaba situada na estrada AC- 163 de titularidade da Xunta, “preto a unha curva e sen espazo para instalación de marquesiña. Nesa situación impedía a accesibilidade á veciñanza da parroquia e ademáis tiña pouca visibilidade “

O Concello de Sada, suxeriu á Xunta de Galicia unha localización mais accesible, na mesma estrada a uns 200 metros de distancia, xunto a antiga Escola de Carnoedo con espazo para instalación de marquesiña e mais preto ao camiño que leva ao núcleo de dita parroquia, resultando mais atractivo e útil  para a veciñanza.

Dende Mobilidade ven de contestar ao Concello de Sada que “xa se tramitou a modificación do cambio da ubicación da parada de Espiñeiro 2, en Carnoedo, para o lugar que solicitou o Concello de Sada” e que a data de implantación do cambio de ubicación da citada parada será o vindeiro martes día 15 de febreiro.

Rebeca Mouriño conclúe que “este cambio é unha resposta a unha solicitude veciñal polo que cumprimos así o noso compromiso de mellorar os servizos para a cidadanía”.

 

Arquivado en