
A concellería de Cultura programa o sábado14 ás 19:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura a obra: "Berenguela na Gaiola", obra gañadora no 4º Certame Manuel María de Proxectos Teatrais e dirixida por Paula Carballeira.
ENTRADA LIBRE
Berenguela na Gaiola" é unha obra de teatro familiar, coproducida por Galeatro e Xarope Tulú, dirixida por Paula Carballeira e baseada en textos de Manuel María. Gañadora do IV Certame Manuel María, na que se narra como tres anciáns nunha residencia usan o teatro para recuperar a súa liberdade e soñar, converténdose nunha obra de humor e emoción recomendada para maiores de 6 anos. A obra amosa a liberdade, a imaxinación, a dignidade na terceira idade e o teatro como ferramenta de rebeldía.
SIPNOSE: Berenguela, unha anciá nunha residencia que desexa volver á súa aldea, xunto á súa amigos Aurora e Tomás, decide rebelarse escenificando Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela.
Interpretada por Alba Bermúdez, Atenea García e Tone Martínez.
Produción: Conta co apoio do Centro Dramático Galego, a Fundación Manuel María e o festival FIOT.
Duración: Aproximadamente 50 minutos