AXUDAS A ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2022-2023.

07 / NOV / 2022

AXUDAS A ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2022-2023.

A presente convocatoria ten por obxecto a concesión de axudas económicas ás familias para atender aos gastos orixinados polo comezo do curso escolar do alumnado, entendendo por tales a adquisición de libros, material didáctico complementario, vestiario e outros gastos directamente relacionados. Para o financiamento deste programa de axudas existe crédito por importe de 12.000 euros na partida 326.48013 do Orzamento Xeral do Concello para 2022.

Estas normas teñen por obxecto establecer os criterios e procedementos de concesión de axudas para a afrontar os gastos orixinados polo comezo do curso escolar, constituíndo unha acción de fomento. A concesión das subvencións previstas nas presentes bases tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

As solicitudes deberán presentarse no prazo máximo de 15 días hábiles a partir da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Tamén se publicará na páxina web do Concello podendo presentarse as instancias a partir dese momento. 

16/11/2022 - Extracto del acuerdo de 20 de octubre de 2022 de la Junta de Gobierno Local, por el que se acuerda la convocatoria de ayuda a la escolarización para el curso 2022/23 para 2022

07/11/2022 - BASES CONVOCATORIA AXUDAS A ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2022-2023.

ANEXO I - MODELO DE SOLICITUDE DE AXUDAS

ANEXO II - DECLARACIÓN DE AXUDAS

 

Arquivado en