AVISOS RECOLLIDA DE LIXO E PUNTOS LIMPOS

17 / MAR / 2020

AVISOS RECOLLIDA DE LIXO E PUNTOS LIMPOS

AVISO DO CONSORCIO DAS MARIÑAS EN RELACIÓN Á RECOLLIDA DE LIXO E OS PUNTOS LIMPOS

Desde o Consorcio As Mariñas informan de que, dado o estado de alarma actual:

  • Os Puntos Limpos do Consorcio permanecerán pechados.
  • Tampouco sairá o punto limpo móbil

Pola contra, os servizos de recollida de resiudos urbanos, en todas as fraccións, así como de mobles e aveños manterán as súas rutinas habituais para garantir o benestar e salubridade da veciñanza.

Desde o Concello de Sada rogamos se cúmpra o horario habitual para tirar o lixo (a partir das 22:00 horas) e se extremen as condutas cívicas que se detallan a continuación. 

  • Tirar a basura dentro do colector.
  • Abstenerse de baixar mobles ou outros enseres sen previo aviso.
  • Non saturar os colectores con residuos non aptos como podas, etc.

Agradecemos a colaboración de todas/os.

Arquivado en