AVISO DE CORTE E TURBIDEZ DO AUGA EN SADA

10 / MAR / 2022

AVISO DE CORTE E TURBIDEZ DO AUGA EN SADA

Desde a empresa concesionaria da auga VIAQUA informan que por mor da reparación dunha avaría que EMALCSA ten que realizar na rede de abastecemento que fornece ao noso Concello, podería verse interrompido temporalmente a subministración de auga en horario previsto de 23:00 horas de hoxe xoves ás 06:00 horas de mañá venres.

Os lugares afectados directamente polo corte son os seguintes, aínda que desde VIAQUA esperan que non teñan ningún incidente que amplie a previsión e ter que trasladar o corte a todo o termo municipal:

SADA: Espíritu Santo, Coiro, As Valías, Costa, Alborelle, Campo de Sar, Mandín, Os Cabildos e Xan Amigo.

Por mor desta situación nos vindeiros días, poden producirse episodios de turbidez, fronte aos cales VIAQUA levará a cabo os controis analíticos necesarios para garantir o cumprimento do RD 140/2003 que establece os criterios sanitarios da calidade da auga para consumo humano.

Arquivado en