
A Concellería de Cultura programa o domingo 1 de febreiro ás 19:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura a obra AS DESTERRADAS cos dirección de Quico Cadaval e dentro do programa Outono das Artes da Deputación da Coruña.
ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO
Idade recomendada: > 13 anos
No século XVI, unha pequena comunidade de monxas á beira do Miño vese ameazada pola cobiza da xerarquía eclesiástica. Os señores da Igrexa, para rematar coa resistencia das freiras non dubidan en difamalas e ameazadas por todos os medios, dende o tribunal da Inquisición á violencia das mesnadas señoriais. Carme Varela reconstrúe nun thriller conventual aqueles tempos de resistencia das comunidades de mulleres autosuficientes e poderosas. A vida parece continuar coas súas rutinas de rezos, bordados e melindres, mais a negra sombra da ameaza exterior abátese sobre o convento de Albeos.
A heroica resistencia daquelas freiras chega agora encarnada nun elenco que conforman Melania Cruz, Patricia Vázquez, Rebeca Montero, Rocío González, María Costas e Víctor Mosqueira, iluminadas por Laura Iturralde e dirixidas por Quico Cadaval.
- Autoría: Carme Varela
- Dirección: Quico Cadaval
- Elenco: María Costas, Melania Cruz, Rocío González, Rebeca Montero, Patricia Vázquez e Víctor Mosqueira.
- Espazo escénico: Laura Iturralde e Quico Cadaval
- Espazo lumínico: Laura Iturralde
- Deseño de vestiario: Celia Sineiro
- Espazo sonoro: Piti Sanz
- Vídeo: Sonia García
- Axudante de dirección: Mon Serodio
- Deseño gráfico: Javier de la Rosa
- Fotografía: Sabela Eiriz
- Xefe de produción: Rubén G. Pedrero