APROBACIÓN DE PADRONES FISCALES DE TASAS DE ENTRADA DE DE VEHÍCULOS A TRAVÉS DE ACERAS Y OCUPACIÓN DE TERRENOS DE USO PÚBLICO Y MANTENIMIENTO CEMENTERIO MUNICIPAL EJERCICIO 2023

03 / OUT / 2025

APROBACIÓN DE PADRONES FISCALES DE TASAS DE ENTRADA DE DE VEHÍCULOS A TRAVÉS DE ACERAS Y OCUPACIÓN DE TERRENOS DE USO PÚBLICO Y MANTENIMIENTO CEMENTERIO MUNICIPAL EJERCICIO 2023

Prazo: O período voluntario de cobranza dos tributos indicados, será do día 31 de outubro de 2025 ao 31 de decembro de 2025.

Pola Xunta de Goberno Local, en sesión do día 25 de setembro de 2025, aprobáronse os seguintes padróns:

  • Padrón fiscal da taxa polo mantemento do cemiterio municipal, exercicio 2023
  • Padrón fiscal da taxa por Entrada de vehículos a través de beirarúas e reserva vía pública, exercicio 2023

Conforme o disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria aplicable á facenda das entidades locais en aplicación do disposto no artigo 12 do Real decreto lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aprobou o Texto refundido da Lei reguladora de facendas locais, quedan expostos ao público durante o prazo dun mes contado a partir do dia seguinte a súa publicación para o seu exame e reclamación por parte das persoas interesadas.

O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ó abeiro do artigo 102 da Lei 58/2003 xeral tributaria

Prazo: O período voluntario de cobranza dos tributos indicados, será do día 31 de outubro de 2025 ao 31 de decembro de 2025.

Lugar de ingreso: En calquera oficina da entidade ABANCA, entidade colaboradora, empregando os instrumento de ingreso (recibos), que se enviarán ao domicilio declarado do contribuínte por correo ordinario.

En caso de perda o obrigado ao pagamento poderá ata o día 31 de decembro de 2025 obter un duplicado nas oficinas do concello de Sada sita en: Sada: Avda. da Mariña , no 25

Oficina virtual tributaria: Sede electrónica de Sada. Oficina virtual tributaria.

Os contribuíntes que non tivesen recibidos nos seus domicilios os instrumento de ingreso disporán do mesmo prazo, para solicitalo na oficina indicada, e efectuar o pagamento nas entidades bancarias, posto que a non recepción non exonera da obriga do pagamento, e non impide a utilización da vía de constrinximento.

O vencemento do prazo en período voluntario, sen ter sido satisfeita a débeda, determinará o comezo do procedemento de constrinximento, o deveño da recarga de prema e demais conceptos esixibles tal e como se fixa nos artigos 26 e 28 e 161 da Lei 58/2003 xeral tributaria.

Arquivado en