ALERTA SANITARIA EN SADA POLO CORONAVIRUS

13 / MAR / 2020

ALERTA SANITARIA EN SADA POLO CORONAVIRUS

A Xunta de Galicia ordena o peche de todos os bares de la comunidad, así como restaurantes e lugares de ocio como cines e teatros.

Sada 13 marzo 2020 - 20:30 

As medidas entran en vigor ás 00.00 deste sábado. Poderán abrir farmacias, gasolineiras, quioscos e tendas de alimentación. Botan o peche tamén salas de festas, pubs, discotecas, centros de lecer infantil, ximnasios, piscinas e albergues do Camiño. Os tanatorios verán reducida a súa capacidade a un terzo do aforamento. A Xunta asume a tutela dos centros sanitarios públicos e privados da comunidade. 

Só se permitirá abrir de xeito limitado a aqueles locais de hostalería que sirvan comida para levar. Os clientes poderán entrar ‘o tempo imprescindible’ para recoller o seu pedido.

Ademais, estará limitada a asistencia a funerais e enterros durante o periodo excepcional que se abre en Galicia. Só estarán abertos supermercados e farmacias.

Tamén se anunciou un plan especial de seguridade para controlar o cumprimento destas medidas extraordinarias. Ademais, prácticamente queda bloqueado o Camiño de Santiago, xa que a Xunta ordenou o peche de todos os albergues de peregrinos.

A Xunta fai un chamado aos visitantes que Galicia recibiu nas últimas horas, con orixe en Madrid, incumprindo as recomendacións de permanecer nas súas casas na capital de España. 

Arquivado en