Actualidade

XIX Mostra de Teatro Afeccionado Sada 2026

16 / MAR / 2026

A Concellería de Cultura convoca a XIX edición da Mostra de teatro Afeccionado pola que se promove a actividade teatral de carácter afeccionado e dar a coñecer entre a poboación sadense unha selección das montaxes escénicas contemporáneas, no eido do teatro amador. Na Mostra entregaranse os «Premios Lugrís Freire», en homenaxe e lembranza do escritor e dramaturgo sadense, un dos máximos expoñentes do teatro social galego, director da Escola Rexional de Declamación e homenaxeado coas Letras Galegas 2006. Un xurado e o público que asista aos espectáculos determinarán, a través das súas valoracións, cales serán as compañías premiadas nesta edición.

COMPARTIR EN:

SAÍDAS MEDIOAMBIENTAIS GUIADAS 2026

16 / MAR / 2026

O Concello de Sada organiza as saídas medioambientais gratuitas deseñadas e guiadas por persoas expertas da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)

COMPARTIR EN:

CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE 2...026

03 / MAR / 2026

A Concellería de Deportes, Educación e Xuventude programa un Curso de Monitor/a de actividades de Tempo Libre. Trátase dunha formación útil que abre moitas portas de cara á inserción laboral. Esta formación capacita para deseñar, programar e pór en práctica ou avaliar actividades para o tempo libre ou socioculturais, orientadas á infancia, á mocidade, aos maiores ou ás persoas con necesidades especiais. Os contidos deste curso abarcan áreas como psicoloxía, dinámicas de grupo, xogos no tempo libre, expresión, educación ambiental, saúde, ou lexislación.

COMPARTIR EN:

Taller de auto-coidado e benestar emocional para m...ulleres de Sada.

28 / FEB / 2026

Dentro das actividades do 8M a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Emprego promove a realización do Taller de auto-coidado e benestar emocional para mulleres empadroadas en Sada.

COMPARTIR EN:
COMPARTIR EN:

Bolsa de emprego de Arquitecto/a Técnico/a

10 / FEB / 2026

Proceso de selección para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir praza vacante de Arquitecto/a Técnico/a. A vixencia desta bolsa é de tres anos, prorrogables por outros 3.

COMPARTIR EN:

Filtrar

Xornada sobre morcegos

Xornada sobre morcegos

Monitor: Manuel Arzúa Piñeiro. Asociación Morcegos de Galicia.


26 / OUT / 2021

COMPARTIR EN: