O Concello de Sada inicia hoxe un proceso participativo para que os veciños e veciñas poidan expor as súas demandas e as súas achegas ao plan de mobilidade que se está a redactar. Este proceso, denominado Sada Móvete, contempla actividades como encontros territoriais e sectoriais, entrevistas con técnicos e a realización de enquisas. Os veciños poden participar a través da web participa.sada.gal
O Concello de Sada, a través das concellerías de Mocidade e de Promoción Económica e Turismo, programa numerosas actividades para as datas do Samaín en Sada
O Concello de Sada convoca a II edición do Escaparates de Medo, un concurso dirixido ao sector comercial, co fin de incentivar a decoración e a animación das rúas de Sada convidando á veciñanza a achegarse ata os establecementos.