O Concello de Sada decretou no día de onte tres días de loito oficial polas vítimas do accidente de tráfico ocorrido en Mota del Cuervo (Cuenca) que acabou coa vida de tres persoas, veciñas da parroquia de Meirás.
O Concello de Sada, a través da Concellería de Participación Cidadá, convoca ás persoas afeccionadas á fotografía para que realicen instantáneas en cor de Sada que serán incluidas no calendario que distribue o concello (12 fotos en total) que se edita todos os anos no mes de decembro.
O Concello Sada solicitará ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformacion Dixital que teña en conta as propostas que se achegen dende a administración local
O Concello de Sada inicia hoxe un proceso participativo para que os veciños e veciñas poidan expor as súas demandas e as súas achegas ao plan de mobilidade que se está a redactar. Este proceso, denominado Sada Móvete, contempla actividades como encontros territoriais e sectoriais, entrevistas con técnicos e a realización de enquisas. Os veciños poden participar a través da web participa.sada.gal
O obradoiro dual de emprego "RESERVA DE BIOSFERA: EMPREGO VERDE” é un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade e cofinanciado polo Ministerio de Empleo y Seguridad Social, e promovido polos Concellos de Abegondo e conveniado cos concellos de Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Oza-Cesuras, Paderne e Sada.
O Concello de Sada expresa a súa satisfacción pola enorme demanda de solicitudes de visita ao Pazo de Meirás. Entidades memorialistas e vítimas e familiares de vítimas da ditadura serán as primeiras en visitar o BIC. O sábado, 3 de xullo, terá lugar unha visita institucional das corporacións municipais sadenses desde o 2007.
As visitas guiadas gratuitas, dunha hora e media de duración e 20 persoas como máximo, serán de martes a domingo previa reserva